A temporada de verán estréase cas Bandeiras Azuis
Chega o bo tempo e as praias cobran protagonismo. Pero xa sabedes, serán só 6 as bandeiras azuis que ondearán nos areais dos Concellos QPC, a pesar do importante reclamo turístico que supoñen. Por exemplo, Aas praias de Razo, As Saíñas ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a elas durante o bo tempo para gozar da paisaxe e o mar.
Esta fin de semana xa comezarán a ondear as bandeiras. Por exemplo, durante a mañá de onte, os membros do concello carballés izaron as bandeiras nos areais carballeses de Baldaio-As Saíñas e Pedra do Sal.
Ben é certo que este ano praia de Razo non obtivo a Bandeira Azul, pero dende o Concello queren apuntar que “as súas augas son perfectamente aptas para o baño, estando a súa cualificación entre boa e excelente segundo a normativa europea e estatal de calidade das augas”.
En total, as praias de Carballo contarán durante o estío con 32 socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas. O servizo principiou o mércores 11 de xuño con 20 traballadores, aos que se sumarán outros 12, ata un total de 32, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. A actividade prolóngase até o 10 de setembro (que coincide co comezo do curso lectivo), mes no que haberá de novo 20 socorristas.
Novas relacionadas
- 2014: 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes.
- 2013: 9 praias da Costa da Morte lucirán este verán a Bandeira Azul.
- 2012: 8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2012: A praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte coa Q de Calidade.
- 2011: A única praia con dúas bandeiras.
- 2011: A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis.
- 2010: A Costa perde dúas e gaña unha Bandeira Azul .
- 2009: Tan só 6 praias da Costa da Morte merecen o recoñecemento da Bandeira Azul .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Carballo.