A Work-Party de Axober debatirá sobre o esperanzador futuro do Polígono de Bértoa
O venres 10 de novembro, a partir das 17:00h, o Forum Carballo acollerá a Axober Work Party. A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños utiliza esta “festa do traballo” para reunión ao ao empresariado da comarca arredor dunha mesa de debate e un café. Nesta terceira edición, o tema ronda sobre os Oportunidades e fortalezas do polígono industrial de Bértoa, que lidera as vendas de solo industrial en Galicia e que é xa un importante centro de actividade empresarial.
De feito, dada a elevada porcentaxe de ocupación que ten xa, a corporación municipal de Carballo vén de aprobar unha solicitude á Xunta de Galicia para que inicie os trámites de cara ao desenvolvemento dunha nova fase.
Entre os que analizarán a situación estarán María Doporto Santos, coordinadora da Unidade Territorial Zona Norte de Xestur, ente responsable dos parques, que ofrecerá información sobre a situación actual do parque empresarial e as condicións de adquisición de parcelas, entre outros aspectos; Santiago Ángel Luaces, técnico en negocios da Dirección Territorial de Galicia de CaixaBank, que se centrará nas opcións de financiamento, e Evencio Ferrero Rodriguez, alcalde de Carballo, que exporá as perspectivas de futuro desde o punto de vista municipal e as vantaxes que ofrece tamén o Concello aos emprendedores para portenciar esas oportunidades e fortalezas do noso polígono. Despois das intervencións comezará o café-tertulia coa participación de todas as persoas interesadas.
Inscrición
Aínda que se trata dun acto aberto, por cuestións de organización prégase ás persoas interesadas que se inscriban a través do número de teléfono 981 756 313, do correo electrónico informació[email protected] ou enviando unha mensaxe a través da páxina de Axober en Facebook.
Fonte
- AXOBER.