Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista
arrasan-un-fento-endemico-na-pista-de-alcaian

Vén de denunciar a Asociación Ecoloxista ADEGA que unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación dun fento endémico considerado en perigo de extinción (Lycopodiella inundata), que ademais estaba catalogada no Herbario de Santiago SANT65621.

Segundo a entidade, a Xunta fixo a desfeita durante as obras de arranxo de pistas e novos cortalumes, danando tamén exemplares doutras especies en perigo de extinción como a Euphorbia uliginosa, endémicas como a Centaurea ultreiae e vulnerables como a Spiranthes aestivalis.

No caso do fento con máis valor ecolóxico, os exemplares ficaban á beira dunha charca sobre a que abriron unha nova pista, en troques de arranxar o vello camiño que alguén ocupou cunha plantación de eucaliptos.

A lagoa de Alcaián ou Braña Rubia é un excepcional territorio cunha rara poboación botánica e non poucos endemismos, debido á súa peculiar xeolóxía de rochas ultrabásicas. Este espazo xa fora proposto polo bipartito para integrar a Rede Natura 2000, figurando tamén entre as áreas que o PP prometeu incluir nesta figura de protección.

Así, ADEGA deixa aberta a posibilidade de denunciar lembrando que “os danos ás especies protexidas poden ser constitutivos de delicto, consonte o artigo 332 do Código Penal: O que con grave prexuízo para o medio ambiente corte, talle, queime, arrinque, colleite ou efectúe tráfico ilegal de algunha especie ou subespecie de flora ameazada ou dos seus propágulos, ou destrúa ou altere gravemente o seu hábitat, será castigado coa pena de cadea de catro meses a dous anos ou multa de oito a 24 meses”.

lycopodiella-e-un-fento-endemico-da-zona-foto-natureza-dixital Lycopodiella é un fento endémico da zona-Foto-Natureza Dixital

Limpeza de Lagoas

Lembren que esta fin de semana Adega organiza unha limpeza simultánea voluntaria nas nas lagoas de Traba e de Baldaio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios