Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Xunta destina 50.000 euros para a realización de festivais e feiras

A Xunta destina 50.000 euros para a realización de festivais e feiras
Galicia é festivaleira e tamén terra de feiras. E ainda que a axuda chega a pouco podemos dicir aquilo de "algo é algo". I e que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia,destina este ano a través da Secretaría Xeral de Cultura un total de 50.000 euros á realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames galegos de carácter afeccionado dedicados á difusión das artes escénicas e musicais. ¿A quen se dirixen? Esta nova liña de axudas, publicada onte no ‘Diario Oficial de Galicia’, está dirixida a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, e destínase ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de programas e actividades que contribúan á promoción e cooperación cultural, así como á divulgación da cultura galega, desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data límite de xustificación da orde de subvencións. A orde inclúe os gastos correntes derivados da realización do proxecto, así como os de difusión e publicidade en calquera soporte, alugamento de espazos, servizos e equipamentos técnicos, cachés dos grupos e compañías, así como os gastos de viaxes e aloxamento dos participantes nas actividades propostas. Prazo de presentación Para as solicitudes das entidades sen fin de lucro destínase un orzamento de 30.000 euros, mentres que os 20.000 euros restantes se destinan ás solicitudes de entidades locais e agrupacións de concellos. O prazo para a presentación de proxectos remata o vindeiro venres 21 de agosto. Á hora de valorar as propostas, a comisión terá en conta a traxectoria e interese cultural e artístico do evento nas edicións anteriores, a súa singularidade e relevancia artística, a súa contribución á captación ou creación de novos públicos así como a repercusión territorial do evento e o nivel de autofinanciamento.

Fonte

Comentarios