Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural

A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural
Aval-xornada-xuventude

Nesa liña van as Xornadas “Xuventude: Aval do rutal” que terá lugar en Coristanco estes vindeiros xoves 13 e domingo 14 de novembro. A mocidade do EFA Fonteboa, o o único centro de formación rural da zona, estará moi presente e é, sen dúbida, o mellor exemplo para poñer nas charlas.

Unhas xornadas nas que se falará de todo, dende emprendemento asociativo, formación en novas tecnoloxías, ata varias iniciativas empresariais da zona, como a empresa de servizos á dependecia Alento, o gabinete Comunicar, a audiovisual Visualk, a viaxeira Viraxes, ou a boa expriencia dos gintonic Nordés.

Para o venres, comezará Afiprodel, e serán varias sesións sobre posibilidades para o emprego e o negocio.

Formación práctica no EFA Fonteboa

Actividades no EFA Fonteboa

Mentres, segue a formación neste necesario centro (seguimos preguntándonos porque non hai máis centros de formación rural na bisbarra?). E o fai de xeito moi práctico. No último mes, estiveron traballando de forma autónoma nas aulas de Desenvolvemento das Competencias Persoais; pero tamén visitaron a granxa de porco celta da Asoporcel para cargar os animais destino o matadoiro do monte Nebra (Porto do Son); a Xornada de prevención de incendios e salvamento impartida polo persoal do parque de bombeiros de Carballo.
Pero ollo, que tamén tomaron nota en clave cultural, falando e disfrutando da música co artista galego Carlos Ares Music, quen hai pouco mais dun mes firmou un contrato con Sony Music España.

E o que máis nos gusta, proxeto Sabor Emprendedor, que cada xoves os leva ata o Mercado da praza de Carballo a vender os produtos da propia horta do centro que eles mesmos traballan. Esto si que é formación real.

O proxecto Sabor Emprendedor leva aos alumnos do Fonteboa a praza de Carballo cada xoves

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios