Venres. 19.04.2024
El tiempo

aAntena recupera a historia dos nosos Naufraxios da Fin da Terra

Presentacion na Punta da Barca da Ruta dos Naufraxios
Presentación na Punta da Barca da Ruta dos Naufraxios
aAntena recupera a historia dos nosos Naufraxios da Fin da Terra
O proxecto Naufraxios no Camiño na fin da terra xa está en marcha. Onte a compañía aAntena facía a presentación oficial en Muxía desta iniciativa teatral para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte, utilizando esas historias de naufraxios que forman parte da historia e do imaxinario colectivo da comarca.

Un proxecto que nacía xa en 2015, cando a compañía aAntena comezaba a realizar intervencións nun dos lugares mais simbólicos como é o Cemiterio dos ingleses, e que continou estes dous últimos anos coa axuda da Deputación da Coruña e o Fondo proxectos Xacobeo 20/21 recuperando historias en Razo, San Adrián de Malpica,a Praia de Traba de Laxe, Lobeiras en Arou e a propia paraxe de Punta da Barca en Muxía, onde onte realizaban a presentación da nova andaina.

Desta volta acoa axuda de “O Teu Xacobeo”, aAntena amplía esta homenaxe aos desaparecidos na costa sumando novos concellos e novas localizacións especiais para levar a cabo estas experiencias teatrais ao aire libre xunto ás Rutas dos Naufraxios.

Programa de intervencións e a Ruta

As funcións serán as 21:30h, nos seguintes lugares:

  • Sábado 18 de setembro. Praia de Ézaro (Dumbría)
  • Domingo 19 de setembro. Praia de Quenxe (Corcubión)
  • Sábado 25 de setembro. Praia de Gures (Cee)
  • Domingo 26 de setembro. Praia Langosteira (Fisterra).

Como complemento as funcións teatrais a Ruta dos Naufraxios, trasladará os visitantes a coñecer os pormenores dos barcos afundidos na ría e no litoral da costa de Camariñas. Un percorrido con inicio e remate na Punta da barca, onde podemos ver os restos pétreos do naufraxio da Virxe da Barca nesta paraxe, con paradas en Cereixo, o Faro Vilán, a Enseada de Trece, o cemiterio dos Ingleses, As Lobeiras de Arou ou a pedra do Porto de Camelle.
Estas Rutas desenvolvenranse os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de setembro, e os 1, 2 e 3 de Outubro, saíndo ás 9:00h do Santuario da Virxe da Barca (Muxía) e volvendo ás 13:00 horas.

Que é

As funcións está escrita por Bernardino Martinez, utilizando as traxedias propias de cada lugar para seren representadas, construíndo unha proposta única e propia para cada lugar. Unha sucesión de escenas onde os vivos, mortos, ausentes explican o que aconteceu nos tráxicos momentos, nunha atmósfera onírica apoiada por luz tenue, acordeón en directo, a salitre no ar e a música das ondas como fondo do espectáculo. Espectáculo en "site specific" dirixido por Xosé Leis.
Un espectáculo que conta con dúas actrices (Alicia Baña e Andrea Rodríguez), dous actores (Berni Martínez e Antonio Miranda) xunto a un acordeonista en directo (Klaus Martinez).

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios