Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Aberto o prazo para participar nun programa de voluntariado ambiental nas praias Costa da Morte

Aberto o prazo para participar nun programa de voluntariado ambiental nas praias Costa da Morte
voluntariado-praias A Xunta de Galicia pon en marcha un novo programa de voluntariado ambiental no litoral orientado a estimular o interese pola preservación e defensa ecolóxica desta zona marítima así como adquirir valores e actitudes de responsabilidade co medio ambiente no litoral. O programa levarase a cabo en dúas quendas, unha do 20 ao 24 de agosto e outra do 27 ao 31 do mesmo mes. Estas dúas primeiras quendas levaranse a cabo nas praias da Costa da Morte (Corme, Laxe, Arou, Camelle, Baldaio, Razo,...) e no golfo Ártabro (rías de Betanzos, A Coruña, Ares e Ferrol). Voluntari@s O programa ten como obxectivo impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias (un total de oito por cada quenda) que queiran implicarse na conservación e mellora do medio ambiente no litoral cunha incidencia directa no entorno e que pode resultar unha oportunidade de desenvolver e acadar un enriquecemento persoal que lles permita un coñecemento do entorno social e medioambiental no que viven así como a posibilidade de adquirir habilidades de formación para o futuro. Ademais, con esta iniciativa, búscase preservar e protexer o medio ambiente nesas zonas de mar, promocionar valores de coidado e desenvolvemento sostible nos espazos litorais e conservar, promocionar e fomentar o noso patrimonio natural. A acción voluntaria prevista neste programa desenvolverase cun máximo de 5 días á semana na que se realizarán actividades como retirada do lixo no litoral e a súa catalogación e clasificación posterior; labores de vixilancia ambiental e retirada de cinzas procedentes de incendios forestais. O programa inclúe aloxamento e pensión completa, programa de actividades e monitores e seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. Con carácter previo realizarase unha formación teórica inicial na que se tratará a prevención de riscos laborais, as características das praias nas que se vai traballar, ou app Marnoba entre outros. Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado no litoral, as persoas voluntarias obterán da dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. A dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado seleccionará ás persoas voluntarias, e o prazo de inscrición estará aberto a partir de hoxe, 23 de xullo, a través da páxina web de voluntariado. Fonte

Comentarios