Venres. 26.04.2024
El tiempo

ADEGA invita a participar na III Limpeza Simultánea de Praias

ADEGA invita a participar na III Limpeza Simultánea de Praias
Os voluntarios da Costa da Morte póñense a limpar os seus areais

Somos unha potencia en materia de areais, e ultimamente tamén en materia de limpeza. Durante estes meses as propostas para empregar un sábado en salvar dos plásticos os nosos areais son unha constante. Prácticas que nacen da veciñanza, do voluntarismo, facendo o choio que deberían realizar as administracións.

En todo caso, hoxe é a entidade ADEGA a que, un ano máis, organiza a III Limpeza simultánea de praias en toda Galicia con motivo do día mundial dos océanos (6, 7 e 8 de xuño). Por iso, invita a todas aquelas asociacións, grupos comprometidos, concellos, entidades… a que se unan á cita e artellen unha xornada para limpar os nosos areais.

Xa o ano pasado alomenos 6 colectivos colaboraron coa iniciativa deixando un pouco máis vivas outras tantas praias. Veremos este curso cantas entidades se animan.

ADEGA convoca pois a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 6, 7 e 8 de xuño coincidindo co este último co Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.

Datos

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Estes residuos teñen graves consecuencias para a os ecosismeas mariños, máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios