Os concellos abren o proceso de adquisición de fincas para o Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Si que avanza desta vez o Parque do Megalitismo. Trala reunión celebrada hai xusto un mes, o grupo de Concellos implicados no proxecto e a Deputación volveu xuntarse este xoves 22 de maio na Casa da Cultura de Vimianzo. Unha reunión para ir afiando o proceso de adquisición de fincas – nos casos nos que sexa preciso – que deben executar os concellos seguindo as indicacións da Deputación.
O deputado de patrimonio, Xosé Penas; xunto co o xefe de arquitectura da Deputación, Daniel Beiras e o xefe de departamento de patrimonio, Fernando Pérez San Vicente, reuníronse cos alcaldes, alcaldesas e persoal técnico dos concellos implicados para darlles información concreta sobre cada elemento.
Neste sentido, o deputado, Xosé Penas, trasladou aos concellos a “importancia” de “ser rigorosos cos prazos, os tempos e as datas para que non se produzan máis demoras tanto na adquisición de fincas como nos procesos posteriores”.
Dende a Deputación tamén trasladaron a inminente creación dunha páxina web sobre o Parque de Megalitismo, que albergará información sobre todos os elementos patrimoniais, roteiros, e recursos turísticos e culturais de todos os concellos integrados, así como das redes sociais propias que difundan toda a información relativa ao proxecto e aos municipios.
NOVAS SOBRE O PARQUE DO MEGALITISMO
- Abril 25: Deputación e os 12 concellos retoman, outra vez, o Parque Arqueolóxico do Megalitismo na Costa da Morte
- Outubro 24 Deputación e concellos xuntáronse para avanzar no proxecto do Parque de Megalitismo da Costa da Morte.
- Maio 24: Vimianzo solicita a inclusión do Castro das Barreiras no Parque Arqueolóxico do Megalitismo.
- Outubro 23: O Consello Director do Parque do Megalitismo da Costa da Morte focaliza os seguintes pasos na difusión.
- Novembro 21: Coristanco súmase ao Parque do Megalitismo co dolmen de Chan das Embarradas.
- Xuño 21: Xornadas de Promoción: Pondal fainos reflexionar sobre o potencial do Parque do Megalitismo.
- Maio 21: O Parque do Megalitismo avanza coa organización dunhas xornadas e o acordo para sinalizar os 17 momumentos
- 12-04-21: A Deputación e 10 concellos intentan o impulso definitivo ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte tras 20 anos de promesas.
- Decembro 2020: A pandemia tamén provocou o eterno retraso do Parque do Megalitismo.
- Novembro 2018: O Parque do Megalitismo dá pasos concretos.
- Marzo 2018: A Deputación recupera do caixón do esquecemento o Parque do Megalitismo da Costa da Morte:
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Outubro 2011: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- Xullo 2008: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.