![lixo-marino]()
Adega pon en marcha estas xornadas reivindicativas contra o lixo mariño.Imaxe: Contramínate
Voluntarios e alumnos de distintos centros educativos participaran entre mañá e o sábado nas
V Limpeza Simultánea de Praias e Lagoas Litorais organizada pola
asociación adicada á defensa ecolóxica de Galicia - ADEGA -. Conscientes da problemática que acarrea o lixo mariño, ADEGA pon un ano máis en marcha estas xornadas reivindicativas e de voluntariado contra o lixo mariño que se realizarán en distintas localizacións espalladas pola comunidade.
![limpeza simultanea praias adega]()
limpeza simultanea praias adega
Na Costa da Morte, estas xornadas desenvolveranse nas
lagoas de Traba e de Baldaio o sábado, día 26. A limpeza da lagoa de Baldaio estará coordinada pola Cruz Vermella de Carballo. Mentras que no caso de Traba, a limpeza estará encabezada por Senda Nova e pola asociación Contramínate.
Asimismo, os alumnos e alumnas do
I.E.S. Fin do Camiño de Fisterra participarán mañá na limpeza da lagoa da Frouxeira en Valdoviño, levando cabo unha xornada de concienciación das rapazas e rapaces sobre a problemática ambiental do lixo mariño.
Como participar
Dende ADEGA fan un chamamento a toda a poboación para que se sume á xornada de limpeza. Os interesados en participar poden contar coa entidade a través do enderezo electrónico
[email protected] ou nos teléfonos
652134359 - 981570099.
A ruta do Volframio de Senda Nova
![pegadas-volframio-senda-nova]()
Uns 40 camiñantes percorreron o pasado domingo as Pegadas do Volframio con Senda Nova
Outra das entidades que traballa activamente a prol da conservación da natureza na Costa da Morte é Senda Nova. O pasado domingo, uns 40 camiñantes participaron na ruta das
Pegadas do Volframio que se enmarcar dentro do programa do
V Outono en Marcha. A choiva acompañou aos camiñantes unha boa parte da maña ainda que lles deixou visitar a igrexa de san Breixo de Oza, o lugar das Torres ou o Rodo e subir ata o Montemene para contemplar dende alí unha espectacular paisaxe.
A vindeira e derradeira etapa do V Outono en Marcha é este domingo e percorrerán a
ruta das Férvedas.
Novas relacionadas
Fonte
Redacción QPC (
[email protected])
Adega