Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Os ADL da Costa da Morte únense para crear un plan de reactivación económica da comarca

Imaxe dalgúns Axentes de Desenvolvemento Local da comarca
Imaxe dalgúns Axentes de Desenvolvemento Local da comarca
Os ADL da Costa da Morte únense para crear un plan de reactivación económica da comarca

Esperanzadora aparición dos Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte. no medio deste panorama económico. A raíz dunha iniciativa dos ADL de Camariñas e Vimianzo, todos os ADLs da comarca (agás Carballo e Laracha, que teñen outra realidade socioeconómica) veñen de crear un comité de traballo para facer un plan de activación económica da Costa da Morte, indo da man da Asociación AFIPRODEL, entidade que nacía hai 10 anos na Costa e que xa abrangue todo o territorio galego.

“A idea é analizar a situación na que nos atopamos, que escenarios son os que poderemos atoparnos cando isto pase e, con todo isto, articular un conxunto de accións que sexan eficiente e poidan poñerse en práctica aproveitando os recursos locais e a coordinación entre os municipios”, argumentan desde o comité de traballo”, explican os profesionais.

A día de hoxe xa articularon un sistema de participación e a recollida de información que se vai a necesitar para facer un diagnóstico da situación actual. Cando se remate esta análise da situación e das expectativas a curto e medio prazo, elaborarase unha batería das propostas que desde o comité se consideren máis urxentes ou de maior relevancia e, posteriormente, irán incorporándose a esta lista outras medidas que se propoñan. “O obxectivo é ter lista a finais do mes de abril esta primeira batería de propostas con liñas prioritarias para presentala ante os concellos”, precisan.

Non faltarán os contactos co co tecido empresarial, social e produtivo de todo o territorio a través de cuestionarios, enquisas ou entrevistas, para definir mellor as propostas concretas para cada concello.

Como se formou

Todo comezou co apoio das alcadesas de Camariñas e Vimianzo, e tras unha serie de contactos [email protected] [email protected] da zona, formouse unha fronte común de traballo composta polos ADL de Carnota, Mazaricos, Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría, Camariñas, Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica, Zas, Vimianzo, Cee e Coristanco (pendente de confirmar este último).
O Comité de traballo está formado polos profesionais de Camariñas, Vimianzo, Carnota, Mazaricos, Zas, para axilizar os trámites, xunto con unha Axenda da Deputación da Coruña, e AFIPRODEL.

Tripla actuación

A estratexia deste comité de traballo desenvolverase en tres niveis:

  • A elaboración da citada batería de propostas dirixida directamente aos Concellos para que estes poñan en marcha as que consideren máis útiles tendo en conta as características do seu territorio.
  • Ter preparadas propostas e accións tendo en conta que se poidan abrir liñas de subvencións a nivel provincial, autonómico e estatal.
  • Que se articulen propostas que poidan ser presentadas a novas liñas, ou a algunha das que xa existen, da Comunidade Europea.

Novas relacionadas

comentarios