Xoves. 23.05.2019
El tiempo

Afiprodel defende o papel do patrimonio cultural na construción da identidade dos territorios e na xeración de riqueza

Afiprodel defende o papel do patrimonio cultural na construción da identidade dos territorios e na xeración de riqueza
Dolores Pena e Viki Rivadulla nas xornadas de Afiprodel en Vimianzo Dolores Pena e Viki Rivadulla nas xornadas de Afiprodel en Vimianzo

Esta foi unha das conclusións ás que se chegou no desenvolvemento das Xornadas sobre Patrimonio Cultural Europeo e Desenvolvemento Local organizadas por Afiprodel, que tiveron lugar na Escola de Señoráns, no municipio de Vimianzo, os pasados días 30 de novembro e 1 de decembro.

No marco do ano do Patrimonio Cultural Europeo, e contando cunha axuda da Deputación Provincial da Coruña, os Técnicos do DesenvolvementoLocal quixeron facer visibles iniciativas e boas prácticas de posta en valor do patrimonio cultural para o desenvolvemento local como vía para fomentar a súa conservación, coñecemento e uso sostible. E conseguírono a través das exposicións de responsables públicos, de empresas, de colectivos e tamén iniciativas a título particular.

Nun acto aberto, pero pensado para profesionais, personalides como Xan Fernández Carrera (membro do SEMESCOM), deixou clara ideas como esta: “A través da exposición dos diferentes poñentes comprobouse como o patrimonio é un excelente medio para crear postos de traballo e riqueza, e como pode contribuír á fixación de poboación no medio rural.”

O relatorio inicial correspondiu a Manuel Antelo Pazos, alcalde de Vimianzo, quen explicou os pasos dados nos últimos anos en materia de xestión do patrimonio cultural con uso educativo, cultural e turístico. Falou das actividades destinadas a escolares e persoas de diferentes idades, da importancia de innovar para ofrecer novas formas de gozar do patrimonio e de contar cos colectivos locais implicados. Neste senso, mencionou o importante papel da Deputación Provicial, que está impulsando o parque do megalitismo da Costa da Morte, ou fomentando a contratación de técnicos, ademais de facilitar a xestión por parte do Concello de Vimianzo, do Castelo e dos Batáns, a través dun convenio.

Pola súa banda, o presidente da CMAT e alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, fixo un adianto do Plan de Acción de Turismo da Costa da Morte, prestando atención ás liñas que se apoian no patrimonio, e que permiten crear produtos variados e demandados. Tamén aproveitou para achegarnos á campaña “Eu son Mazaricos”, un exponente de como a cultura herdada crea conciencia de pobo e dinamiza á sociedade.

A tarde do venres foi pechada por César Abella, xerente de Trivium, empresa que xestiona espazos como o Centro de Interpretación de Santa Tecla, o Centro de Arte Rupestre de Campo Lameiro ou as Torres do Allo.

A mañán do sábado estivo dedicada ao panel expositivo: Iniciativas privadas e públicas relacionadas co patrimonio cultural material e inmaterial no ámbito local.

Guillermo González Díez, xerente do GALP e José Antonio Vila, xerente do GDR achegáronnos ás liñas de axuda existentes para levar a cabo proxectos productivos e non produtivos a través dos fondos que xestionan. Ademais, coñecemos o proxecto de cooperación para realizar unha rede europea atlántica de museos e gastronomía.

Moi diferente foi a exposición de Viki Rivadulla, que chegou aos corazóns dos presentes narrando a súa inmersión na creación de monecas baseadas no imaxinario de Muxía. As súas bruxas, Pedriño Chosco, os trasnos ou o meniñeiro despertaron lembranzas de seres sobre os que nos contaban cousas pero aos que non lle poñiamos cara. O seu compromiso coa feminidade e co mundo mariñeiro quedou patente a través das súas creacións.

Marcos Vázquez Marey, técnico de desenvolvemento local do Concello de Láncara, enxeñeiro técnico agrícola e doutorando do programa de xestión sustentable da terra e do territorio, titulou o seu relatorio como “O pequeno é grande” e así nolo demostrou, con números, a través da súa explotación familiar dedicada a vacuno de carne e produción de mazá para a fabricación de sidra. Esto vano compatibilizar cun museo do agro que pronto se poderá visitar. Puxo en evidencia o retroceso do rural, tanto en número de habitantes como en terreos traballados.

Outro proxecto persoal que se deu a coñecer nas xornadas foi do de Carlos Regueira, autor do libro Atlas de Hórreos de Galicia. Chama a atención que un farmacéutico e profesor universitario da rama das ciencias, elabore un traballo tan arduo, cunha metodoloxía tan rigurosa e recollendo as tipoloxías de hórreos de toda Galicia.

Xornada de Afiprodel en Vimianzo 2 Ponentes na Xornada de Afiprodel en Vimianzo

Conclusións

O patrimonio cultural é un eixo imprescindible onde anclar a autoestima e sentimento de pertenza a un territorio coas súas idiosincrasias e tamén coas súas conexión a un espazo europeo e onde se encontra o pasado e o presente.

O patrimonio cultural forma parte dos pobos. Da súa história e de cómo estes pobos e persoas chegaron ata ser o que somos. A súa posta en valor é máis que un produto susceptible de ser comercializado e divulgado con fins económicos ou turísticos.

As xornadas de Afiprodel amosou como administración públicas como Vimianzo ou Mazarico rescatou do olvido á súa propia historia.

Ë un recurso que dá valor á historia e o sentimento de pertenza e tamén xera economías e riquezas. O desenvolvemento local non só ten finalidades económicas para xerar emprego e fixar poboación nas zonas menos favorecidas, senon tamén xera sineríias que empoderan ao territorio e aproveita capacidades e talentos que buscan o seu futuro anclados na idiosincrasia da cultura propia.

Afiprodel nestas xornadas tamén procurou visibilizar o papel que desempeñan os concellos, as entidades de desenvolvemento dos territorios, as empresas, as asociacións e persoas a título particular.

As veces, é pouco coñecido e recoñecido que o patrimonio cultural dos territorios non só xera coñecemento sobre o propio, non só xera sinerxias no ámbito da poboación e os seus sentimentos de exercer a necesaria aportación sobre o coñecido, sobre o descoñecido e sobre o ocultado. Senon tamén que este patrimonio é parte do desenvolvemento local do territorio e as persoas. E que os profesionais que realizan estas tarefas nos territorios forman parte de este imparable impulso de por en valor quen somos e qué nos identifica.

Varias conclusións críticas salientan dende Afiprodel destas xornadas:

  • Os valores propios identitarios son emocionais pero non están visibilizados
  • Necesitase divulgar os esforzos e boas practicas realizadas
  • mercantilización da identidade cultural necesita unha reflexión profunda.
  • O desenvolvemento local debe ter dúas vertentes: economicista e de empoderamento local
  • A identidade dun pobo debe ter múltiples expresións e o papel das administración debe ser facilitadora e non cohercitiva.
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/afiprodel-une-en-vimianzo-patrimonio-e-desenvolvemento-local/

Comentarios