Venres. 26.04.2024
El tiempo

Alarmante situación a da pesquería do polbo

Alarmante situación a da pesquería do polbo
Ducias de barcos de pesca artesanal da Costa xunto ao Artic Sunrise de Greenpeace-Foto-Asoar-ArmegaA Asociación ASOAR-ARMEGA ven de enviar á Secretaría Xeral do Mar un documento no que se plantexan diferentes medidas para paliar a situación que está atravesando a pesquería do polbo na actualidade. Os datos de vendas desta última apertura da veda son alarmantes, constátase unha producción total en Galicia nos primeiros 15 días de 48.910 kg, unha cifra que supón un 52 % no descenso da producción, con respecto do ano anterior, cando se acadaban 102.994 kg., e un 79% respecto do ano 2012 con unha producción de 233.752 kilos nese mesmo período. Neste documento plantexase a necesidade dun plan urxente de recuperación, para previr a desaparición da especie. Tamén se fai fincapé en que despois do crudo inverno, no que a flota apenas puido faenar, a situación de moitas familias mariñeiras está sendo crítica, polo que son necesarias medidas inmediatas e urxentes para a recuperación. O documento remata cunha serie de consideracións sobre as que é importante que se reflexione tanto desde o ámbito dos profesionais do sector, como do goberno: - O período de veda que se lle dá ó polbo está a ser insuficiente para a recuperación da especie. - Hai que establecer tres meses de parada biolóxica, que deben ser subvencionados na súa totalidade, evitando a sobrecarga doutros recursos pesqueiros-marisqueiros, e tendo en conta a situación económica que están atravesando moitas familias mariñeiras. - A parada biolóxica se ten que abordar cun plan especial contra a actividade ilegal e o furtivismo. - Ten que existir un control real sobre as capturas legais e lexítimas da pesca deportiva. - Hai que aproveitar os tres meses de parada biolóxica para constituír unha Comisión para a Recuperación dos prezos de venda dos recursos pesqueiro-marisqueiros de Galicia. - Hai que analizar todas as causas posibles que están a incidir na mala evolución do recurso e plantexar as medidas máis axeitadas de cara a unha pronta recuperación do mesmo.

Comentarios