Luns. 27.01.2020
El tiempo

Alertan do perigo dunha nova especie invasora dende Fisterra

Alertan do perigo dunha nova especie invasora dende Fisterra
Especie invasora Alternanthera philoxeroides no val de Duio-Fisterra-Imaxe de Inmaculada Romero e Javier Amigo Imaxes da especie invasora Alternanthera philoxeroides no val de Duio-Fisterra-Imaxes do informe dos profesores universitarios Inmaculada Romero e Javier Amigo

Publica hoxe a revista revista GCiencia un artigo sobre a presencia dunha nova especie invasora en Fisterra. Asegura que a Alternanthera philoxeroides podería chegar a ser unha especie tan intrusiva e abrasadora como o herba da Pamba ou a unlla de gato, que tanto dano está facendo en zonas do litoral.

O achádego correu a cargo dos profesores da USC Inmaculada Romero e Javier Amigo, que xa o publicaban en 2014, dando constancia da que a poboación detectada nun viveiro abandonado do val de Duio podería ser a única poboación detectada en España e Portugal.

Dende aquel 2014 os 60 metros cadrados que ocupaba a poboación nas gabias da estrada comarcal xa se convertiron en máis de 200m2. A especie anfibia medra de luxo en ambientes moi húmidos como na súa zona de orixe, o río Paraná, no sur de Brasil, Paraguay e Arxentina. Pero segundo os profesores xa hai zonas como California, Australia ou China que están tendo verdadeiros problemas con esta, unha das “200 peores malas herbas do mundo, responsables do 90% das perdas mundiais en agricultura”.

Medidas en marcha

Os especialistas consideran urxente tomar medidas para evitar que se estableza, porque pode que unha vez estalecida xa sexa tarde. Ir arrincando de cando en vez non é suficiente e propoñen a introdución dalgún depredador natural (como un tipo de escaravello) para erradicala a tempo.

En todo caso, Concello está ao tanto da presencia desta especie, e xa leva un par de anos facendo campañas de erradicación, tanto da man da Asociación ADEGA como dos efectivos de Medio Ambiente. De feito, xa foron dúas veces con ADEGA, facendo duros traballos de arrincar de raíz ("é complicado", explícanos o teniente alcalde Kuka Sar, "pois a raíz sube uns 10 cm e despois volve baixar e prende de novo, polo que ten unhas raíces moi extensas e difíciles de arrinca"). Tamén estivo ¡Medio Ambiente da Xunta fumigando, pero parece que non foron efectivos os traballos porque a pranta volveu agromar.

No seu día, conta Sar, que case houbo un escape, cando durante unha limpeza de cunetas os operarios, que non coñecían a presencia desta especie, retiraron terra e a botaron noutro lugar, co inminente perigo de deslocalización da poboación. Afortunadamente Concello e Medio Ambiente puideron localizar a zona e retirar a terra "intoxicada coa invasora".

Veremos cales son os seguintes pasos.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-acolle-unha-interesante-exposicion-sobre-especies-invasoras/ https://quepasanacosta.gal/os-voluntarios-do-monte-branco-retiran-7-toneladas-da-especie-invasora-unlla-de-gato-de-valares/

Comentarios