martes. 16.06.2026
El tiempo

As familias do SAT Costa da Morte celebraron unha saída polo Día da Atención Temperá

Saida do SAT a DOMUS
As familias do SAT Costa da Morte celebraron unha saída polo Día da Atención Temperá

O pasado sábado, 13 de Xuño SAT Costa da Morte. tivo lugar a III Saída en familia organizada polo SAT Costa da Morte. Arredor de oitenta persoas vinculadas ó servizo: nenas, nenos, familias e profesionais participaron nesta actividade que se organiza con motivo do Día da Atención Temperá mañá 16 de Xuño.
A xornada lúdica tivo lugar na cidade de A Coruña nas instalacións do “Mini Domus”, un espazo para o público infantil baseado en experiencias baseadas no xogo e a curiosidade.
A finalidadade destes encontros é a de que as familias e crianzas establezan lazos e apoios mútuos nun ambiente distendido.
Dende o servizo agradecen a súa participación e implicación para levar a cabo este tipo de encontros.

Saida do SAT a DOMUS 2

Comentarios