sábado. 24.05.2025
El tiempo

Aloumiños comeza o ano cun obradoiro para pais e nais de nenos con transtornos do aspecto autista

Aloumiños comeza o ano cun obradoiro para pais e nais de nenos con transtornos do aspecto autista

Alomiños, Asociación de Persoas con Necesidades Específicas da Costa da Morte, inicia o ano cunha intensa actividade grazas á colaboración de institucións como a Universidade da Coruña, o Colexio de Logopedas e a Asocaición Galega de Terapeutas Ocupacionais do Programa de Educación Familiar e Socialización da Diversidade. O próximo sábado, 10 de xaneiro, ás 10.30 horas comeza na Biblioteca Rego da Balsa un obradoiro para pais e nais de nen@s con TEA (transtornos do aspecto autista). Os interesados en asistir deberán formalizar a súa inscripción antes de mañá venres día 9. O obradoiro continuará nas Bibliotecas de Carballo nas seguintes datas: os sábados 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, o 14 e o 21 de febreiro, e o 7, o 14, o 21 e o 28 de marzo. Máis informaicón en www.asociacionalouminhos.org.

Comentarios