Luns. 22.04.2019
El tiempo

Ampla presenza costeira na final dos Mestres Mateo

Con alegría e esperanza recolle esta ano a comunidade cultural da Costa da Morte a lista de nominados aos XVII Premios Mestre Mateo. Varios costeiros estarán na gala do sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, optando a algúns dos 25 premios que vén de anunciar a Academia Galega do Audiovisual.

Dinosaurio, a Webserie do Carballo Interplay nominada aos Mestre Mateo
Dinosaurio, a Webserie do Carballo Interplay nominada aos Mestre Mateo
Ampla presenza costeira na final dos Mestres Mateo

Unha Gala que será dirixida por unha amiga da nosa bisbarra como é a versátil Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay, e na que os grandes favoritos serán os creadores dos filmes A sombra da lei e Trote, as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos premios, acaparando 15 candidaturas cada unha.

Tres persoas

Fede Perez Isabel Blanco e Marta Doviro nominados aos Mestre Mateo 2018

Fede Pérez, Isabel Blanco e Marta Doviro

Entre os Nominados da Costa da Morte temos varias caras coñecidas destes premios como Fede Pérez, nominado á Mellor Interpretación Masculina de Reparto, polo seu papel en Trote, a longa de Frida Films e M-Films que vive dun xeito moi completo a vila do rural galego. O mazaricán competirá con Celso Bugallo (Trote), Denis Gómez (O sábor das Margaridas) e Ernesto Alterio (A sombra da lei).Xabier Eiris nomeado aos Mestre Mateo

Tamén estará a corcubionesa Marta Doviro, nominada á Mellor Comunicado/a de Televisión no seu programa “Unha viaxe para contar”. Loitarán polo galardón María Solar (Zig Zag), Roberto Vilar (Land Rober) ou Rodrigo Vázquez (Ti verás).

Outra das costeiras nominadas é Isabel Blanco, desta volta dende detrás da pantalla, como Mellor Realización por “Pasaporte Galego”.

Tamén teremos presenza de Baíñas. Xabier Eirís (á dereita) ten varias nominacións: Mellor Dirección de Produción por Trote e Mellor Realización polo programa Imos Indo.

A Costa da Morte tamén se louba da presenza da produtora vimiancesa María Arochena Romero, que participa en dúas categorías: Mellor Longrametraxe, por Memorias dun home en pixama; e Mellor Videoclip por "El astronauta que vio a Elvis", de Love of Lesbian.

Tamén é un pouco nosa a nominación de Xosé A. Touriñán como mellor interpretación masculina no Land Rober (tamén nominado como Mellor Programa de TV), algo que xa non poderemos disfrutar máis. Competirá con grandes grandísimos como Antonio Durán “Morris” (Os Mariachi), Luis Tosar (A sombra da lei), e Toni Salgado (O sabor das margaridas).

Dúas producións

A Nena Azul_rodaxe_na Costa da Morte

A rodaxe de A Nena Azul realizouse na Costa da Morte

Ademais, en clave de procuón, destaca a presencia da curta ”A Nena Azul”, dirixida por Sandra Sánchez, que xa fixo unha completa ruta para ensinar o traballo polos centros de ensino da comarca. A curta de Reira Filmes en produción asociada con Píxel Films e Comunika rodado integramente na Costa da Morte, opta á Mellor Curta de imaxe Real.

O outro proxecto senporsen costeiro que está na Gala será Dinosaurio, a web serie creada no marco do Carballo Interplay do ano pasado.

Ademais, o programa Buscadores de Naufraxios da TVG, que tanto ten rodado este ano pola Costa da Morte, tamén está entre os finalistas ao Mellor Programa de TV.

Novas relacionadas

Comentarios