Ana Pontón utiliza o modelo laboral de Carballo na campaña
Esta mañá, a candidata do BNG á presidencia de Galicia, Ana Pontón, visitaba Carballo. E o puxo como “un exemplo das políticas innovadoras que implanta o BNG”. Pontón destacou o traballo do “Forum Carballo como un elemento que axuda a dar emprego de calidade, a dar posibilidades aos veciños de toda a comarca”.
Pontón realizou un encontro con diferents axentes económicos da comarca, para analizar a situación dunha “comarca como é a de Bergantiños e Costa da Morte, que ten graves priblemas estruturais e de desemprego”. Fíxoo para presentar as propostas de apoio ao emprendemento do BNG, tras ollar con “preocupación a Galiza que nos deixa Feijoo, máis precaria, con máis migración, con 135.000 persoas menos ocupadas en Galicia, á cola en I+D+i tanto en España como en Europa…”
”Durante estes anos de Feijoo destruíronse a metade de empresas innovadoras deste país. Durante estes 7 anos de goberno de Fiejoo 11.000 empresas foron ao tacho. E temos que levantar esta crise industrial. Tras este fracaso, queremos poñer a producir ao país, somos un país con potencialidade. Non fallaron as persoas, fallaron os gobernos”, sinalou.
Ana Ponton diante do pioneiro soldador virtual do Forum CarballoMicrocréditos a "Xuro Cero"
Unha das propostas que presentou foi crear microcréditos “a xuro cero” para persoas emprendedoras, duplicar os fondos en I+D+i e poñer en marcha naves nos polígonos industriais ao servizo de menores de 35 anos e mulleres “co aluguer gratuíto durante o primeiro ano se o proxecto empresarial no acada beneficios”.
Por outra parte, a candidata defendeu un plan de investimentos con medidas que faciliten o crédito xa que ao ano, asegurou, emigran do noso país 15.000 M€ que son investidos fora. Dende o BNG, dixo, queremos ter instrumentos que canalicen a inversión pública e privada e por iso necesitamos ter “unha banca pública e como primeiro paso transformar o IGAPE nun Instituto de Crédito para financiar os proxectos empresariais”.
Os empresarios piden a supresión da peaxe da AG-55
Así mesmo, a Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo, que representa a 130 empresas con sede social no Concello, mantivo unha reunión coa candidata nacionalista, para presentarlle as súas propostas de mellora do tecido produtivo desta área empresarial, a máis produtiva da Costa da Morte con máis de 1000 empregados e unha facturación conxunta superior aos 800 millóns de euros.
Os empresarios solicitaron o abaratamento ou supresión dos custos de transporte das empresas do polígono no ámbito da área metropolitana da Coruña, o que suporía a revisión do cobro de peaxe na AG-55.
Novas relacionadas
Fonte
- BNG.
- Redacción QPC ([email protected]).