As ANPAS da Costa da Morte denuncia que a “neutralidade ideolóxica” promovida pola Xunta é a peor censura
- Estér Vázquez Blanco: Ética para Carmela, Uxío e Martiño

Pedía esta semana o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, “neutralidade ideolóxica” nos centros de ensino antes o xenocidio de Gaza ou a Guerra de Ucraína. Díxoo avisando de que nos vindeiros días os centros educativos coñecerán as instrucións para a organización do curso escolar 2025/2026.
Nada se sabe por agora cales serán estas instrucións específicas. “O que sí é certo é que a Consellería de Educación vén de dar un novo paso no seu plan de control político dos centros educativos, ao anunciar unhas instrucións que, baixo unha linguaxe aparentemente neutra, agochan unha ofensiva contra a liberdade de cátedra, a autonomía dos centros e a capacidade crítica do ensino público”, segundo critica a Fedanpas Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte.
”Defender os dereitos humanos, o medio ambiente, a igualdade, organizar actividades culturais e pedagóxicas forma parte do labor docente. Este non é labor dunha axenda política. O ensino público ten que fomentar o pensamento crítico, a educación en valores, o respecto e o botrato”, explica dende a Fedanpas.
E van máis alá: ”A realidade é que a Xunta quere impor censura previa ás actividades escolares, limitar o pensamento crítico e utilizar a burocracia como ferramenta de control. De aí o obxectivo de que todo estea previamente recollido na PXA e que só se poidan aprobar en excepcións “motivadamente” non busca ordenar, senón reprimir”.
A entidade critica a posibilidade de que a Xunta suprima do currículo as actividades complementarias e lamenta que “estamos asistindo ao desmantelamento do ensino público galego, á opresión e á educación autoritaria, con instrucións contraditorias coa lexislación vixente en materia educativa, a LOMLOE, por exemplo. Estamos pasando por alto unha das metas principais do obxectivo 4 da Axenda 2030: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos”.
Artigo relacionado
- Estér Vázquez Blanco: Ética para Carmela, Uxío e Martiño