Xoves. 18.04.2024
El tiempo

"De aquí a 5 anos, haberá no mercado máis do 50% de modelos electrificados na rúa"

Santiago Lado Barreiro de Kia Cee con un Coche Electrico Niro
Santiago Lado Barreiro no concesionario de Kia en Cee cun Niro
"De aquí a 5 anos, haberá no mercado máis do 50% de modelos electrificados na rúa"

En plena eclosión da cultura medioambiental, o sector do motor parece que pouco a pouco vai adaptándose á novas demandas sociais. Queremos achegarnos á realidade do coche eléctrico e o híbrido eléctrico da Costa da Morte.

E para coñecelo falamos con Santiago Lado Barreiro, represente de Kia Compostela Motor Cee, marca moi implicada na implantación do vehículo eléctrico.

 
  • QPC: Como está sendo a implantación do coche eléctrico e/ou híbrido na Costa da Morte?

Primeiramente debemos diferenciar entre os vehículos eléctricos 100% e os híbridos, e dentro destes últimos os híbridos normais e os enchufables. Na nosa Costa o cliente todavía non coñece esta modalidade de vehículo en canto o 100% eléctrico debido a dous factores. Primeiramente por haber poucos modelos dispoñibles no mercado e a segunda pola transición cara que son punteiros tecnoloxicamente, e moita xente rexeita este tipo de vehículo porque prima o factor prezo frnte os beneficios que pode acarrear ter un coche eléctrico na casa.
Veremos máis adiante este tema. E referente os híbridos, si é certo que dende fai un par de anos, ao haber varias marcas no mercado que os ofrecen, xa circulan polas estradas máis e máis.

 
  • QPC: Sabes cantos coches eléctricos hai na comarca? Hai algún TESLA?

Na comarca non hai moitos eléctricos, máis que nada pola falta de infraestructura de puntos de carga. Pero seguro que nun par de anos iso cambiará pola gran aposta das marcas, a través das distintas normativas europeas de contaminación, teñen que cumplir cunha serie de datos de CO2 e eso obtense coa venta de vehículos eléctricos ou híbridos enchufables. Creo que hai algun Tesla, pero esta marca, ao ser premium, ten un perfil moi concreto de cliente.

 
  • QPC: Cales poden ser as causas desta baixa presencia?

Como xa comentei antes dous factores importantes. Prezo e Puntos de carga.
O primeiro o ser un coche altamente tecnolóxico o coste é alto nestes momentos porque é baixa a súa produción. Nuns anos, cando se aumente a presencia deles no mercado e os costes se vexan reducidos, os prezos serán máis competitivos.
E o segundo, o punto de carga. Moita xente rexeita o eléctrico polo tema de ter que estar pendiente dunha autonomía e de que nun viaxe a Santiago ou a Coruña non disponen de sitios para carga rápida. Sin embargo moita xente descoñece que si colles un híbrido enchufable tes os primeros 58kms eléctricos e o resto traballa en hibrido normal, polo que non precisas estar tan pendente da autonomía. A primeira sería para facer esos viaxes cortos como dende Cee a Fisterra, por exemplo, e cargalo de noite na casa como un móvil, e o día seguinte xa tes otros 58kms dispoñibles.

 
  • QPC: Están apostando realmente as marcas polo coche eléctrico? Canto está apostando Kia polo vehículo eléctrico?

Este ano, debido as condicións establecidas desde Europa, e para os próximos anos, veremos unha renovación no mercado totalmente enfocada cara a electrificación do automóvil. Eléctricos puros, Híbridos Enchufables, Motores Microhíbridos, Híbridos e algúns con outras enerxías aparecerán nos sectores dos turismos, furgonetas, todoterreos e camións. Para que teñades unha idea, este segundo semestre haberá 34 modelos novos ou con motorización electrificada no mercado español.

Kia é unha das que lanza modelos novos este ano, e para que o noso público teña unha idea, de aquí a dous anos, teremos 25 modelos electrificados entre eléctricos, híbridos, híbridos enchufables e microhíbridos. Pero a ventaxa de Kia é que xa temos no mercado dende fai algun tempo Híbridos, co noso Niro, eléctricos puros como o E-Niro e agora o E-Soul de ata 455 kms de autonomía, Híbridos enchufables Optima e Niro e microhíbridos como a gama Sportage, por tanto outras marcas que empezan agora a lanzar produto deste tipo, nós xa o temos na rúa e a xente xa o coñece e aposta por el.

 
  • QPC: Pero hai estacións públicas de recarga pola volta?

As grandes eléctricas están realizando un plan de expansión en canto a infraestructura. Tamén grandes empresas do sector enerxético como Repsol ou Cepsa apostan por integrar nas suas estación de servizo cada vez máis os puntos de carga. Se a eso sumamos hoteis, concesionarios, restaurantes (que algún xa preguntan), etc... en breve contaremos cunha rede para atender a demanda dos clientes de vehículos eléctricos.

 
  • QPC: Hai axudas públicas para persoas físicas, autónomos ou empresas para adquirir esta clase de vehículos non contaminantes?

Os principais plans remataron e o sector está en negociacións para que o goberno abra un novo.

 
  • QPC: Ademais dos evidentes beneficios medioambientais, que outras cousas positivas teñen os coches eléctricos?

Para nós duas cousas importantes. Beneficio económico e sostibilidade. O primeiro dirán: "pero si o eléctrico é moi caro", pero hai que razoalo. Si eu che digo que un coche eléctrico de batería longa che costa 40.000 euros, dirás: "como desquito eu esa inversión?" E dicímosche: "O coche ten un mínimo mantemento, como son neumáticos, unhas pequenas revisións e pastillas de freno. Non hai cambios de aceite, non hai correas, non hai averías de EGR, non tes averías de gripar o motor... Se o calculas a 10 anos aforras ese coste e son cartos".
Despois temos o día a día. Se ti fas un traxecto de 40 kms ao día, cunha soa carga andas toda a semana, quedando o fin de semana para outra carga, así chegariamos por ex. a 26.00 kms mensuais. E si che decimos que cada carga custa 3-4 euros o máximo de noite, por 24-30 euros andas todo o mes, se calculas o mesmo en combustible falariamos de que gastas orredor de 4 depositos de diesel ou 6 de gasolina, a unha media de 60€, falamos de 240€ en diesel ou 360€ en gasolina, polo que aforrarías a diferencia cada mes, e si o sumas ó ano son cartos. Despois beneficios fiscais. Normalmente estes coches están exentos do imposto de circulación, se vas a grandes ciudades podes usar o carril BUS-VAO, aparcar no centro, utilizar puntos de carga públicos sen coste, etc.
E por último, a sostibilidade. Beneficios saudables como conducir sen ruído, cunha condución eficiente que vai facer que circules consumindo cada vez menos enerxía pero aumentando a autonomía e cunha seguridade ao máis alto nivel.

 
  • QPC: Canto cres que queda para que, polo menos a metade do parque móbil galego sexa híbrido ou eléctrico?

Pois moi pouco. Na nosa política deste ano temos a conciencia de matricular 1 vehículo da gama electrificada por cada 5 vehiculos de combustión. De aquí a 5 anos, haberá no mercado mais do 50% de modelos electrificado na rúa. E dirás, "como é iso?". Moi sinxela a resposta. Pola orde do Goberno de xaneiro, todas as cidades de máis de 50.000 habitantes deberán ter unha zona 0 emisións, pola que só poderán circular vehículos eléctricos ou etiqueta 0 (híbridos enchufables). Se a iso engadimos que en 3-4 anos ampliarán esas zonas a cidades con máis de 25.000 habitantes, temos que acostumarnos a ver polas nosas carreteras cada vez máis vehículos deste tipo e os de combustión pasarán a formar parte da historia. Poño un exemplo claro: As cociñas no ano 80 eran de butano nas grandes cidades, despois pasou a ser o Gas Cidade nos anos 90, posteriormente as cociñas eléctricas no ano 2000 e fai poucos anos ás de inducción. Todo evoluciona e o automóvil non vai a ser menos.

 
  • QPC: Como vai o tema de recambios de pezas para estes vehículos. Cres que plataformas online como recambioscoche.es, por exemplo, son útiles para o condutor deste tipo de vehículos?

A ver, estes vehículos ao estar meramente composto de pezas electrónicas e os motores cunha carga tecnolóxica importante, as plataformas todavía vaille costar ter eses materiais de recambio. Por que? porque este tipo de vehículos non podes levalos a calquera taller a reparar pola tecnoloxia que dispón. Nós temos xente moi cualificada con formación continua, útiles específicos, ordenadores e práctica para poder abordar os problemas que presenten calquer tipo de estos vehículos.

Comentarios