Arrancan as festas do 15
08:10 14/08/18
O 15 de agosto está sinalado no calendario coma un dos días máis festeiros do ano. Clasicamente coñecido como o día do ano máis caro para contratar unha orquesta. Case todas as parroquias celebran esta data - con ou sen música -. Pero para a veciñanza da Costa da Morte hai dúas que son un referente independentemente das actuacións musicais. Dous puntos de encontro que para moitos marcan o final das celebracións do verán.
As Festas da Xunqueira
Alberto R. Costa dando o Pregón da Xunqueira 2018-Foto-Rafa Quintáns
Para a zona sur da Costa da Morte as festas por excelencia destes días son as da Xunqueira de Cee que xa arrancaron onte co lectura do pregón da man do ciruxán e escultor Alberto R. Costa. Un pregón marcado pola historia, polas lembranzas que recordaban aqueles traxes estreados para as festas máis esperadas do ano.
A troula arranca hoxe de cheo que continuará ata o xoves, 16. Esta noite tocarán Mega CDC e unha banda tributo a Sabina e Alejandro Sanz. Xa mañá, o propio día da Xunqueira, a música comeza xa pola maña polas rúas da vila que lle darán paso á sesión vermú coa orquesta Compostela. Esta volverá á noite ao escenario xunto con Cinema. E a iso da media noite chegará un dos momentos máis agardados: os fogos de artificio.Xa o xoves a festa continúa coa orquesta Versalles e coa actuación de "El Arrebato".
Alberto R Costa dando o pregon da Xunqueira-Foto-Rafa Quintans
O 15 de Laxe
Outra das citas importantes destes días para unha boa parte dos veciños do norte da Costa da Morte son as "festas do 15 de Laxe". A música arranca esta noite cunha verbena da man da orquesta Fania Blanco e doutra convidada. Mañá, día grande, a música xa comenza pola mañá coa banda de música percorrendo as rúas da vila que lle darán paso á sesión vermú coa orquesta Alianza que volverá á noite xunto con Nueva Fuerza.
A música continúa o xoves cunha nova sesión de pasarrúas e sesión vermú con Venecia. Xa pola noite, volverá ao escenario xunto coa disco móbil Impacto. Outro dos días importantes das festas de Laxe é o 17, venres, co Naufraxio - un evento declarado de Interese Turístico -. Despois da misa siará a procesión camiño ao Porto para presenciar o Naufraxio que lle dará paso á procesión marítima.
Ademais das de Cee e Laxe, estes días hai máis citas festeiras na Costa da Morte. En Xaviña (Camariñas) haberá festa hoxe na ademais dos actos litúrxicos haberá sesión vermú e verbena co grupo D'Lider. En Muros tamén están de festa dende mañá ata o sábado, 18 de agosto, coas festas de San Roque nas que non faltará a música ao son de orquesta.
Outras citas
Pero non todo é festa. Así que para estes días hai máis propostas na #axenda de QPC. E unha delas é a iluminación nocturna no Ézaro que volve esta noite entre as 23:00 e as 00:00 horas.
Esta noite hai outra cita singular no Cemiterio dos Ingleses: "A noite dos naufraxios" cunha sesión teatral con prazas limitadas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/doce-citas-que-non-te-podes-perder-este-agosto-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/as-10-festas-de-interese-turistico-da-costa-da-morte/Máis información
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])