Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Arriva faise coas liñas de Autocares Vázquez na Costa da Morte

Arriva faise coas liñas de Autocares Vázquez na Costa da Morte
Arriva compra Aucasa e Vazquez Arriva desembarca con todo na Costa da Morte facéndose cas liñas de Vázquez e Aucasa

Hai apenas 6 meses que se facía con Aucasa. E hoxe coñecemos que a multinacional Arriva faise con varios activos da empresa Autocares Vázquez, entre as que destaca a concesión dos servizos A Coruña-Carballo e A Coruña-Fisterra, as liñas que vertebran a Costa da Morte.

Deste xeito incorpóranse ao persoal de Arriva 67 novos empregados entre condutores, persoal de administración, operacional e de xestión, e 45 vehículos. Todos eles intégranse a partir de agora en Arriva, pasando a formar parte da multinacional Deutsche Bahn.

Sobre Arriva en Galicia

Arriva opera en Galicia coa marca Arriva Noroeste. Con sé na Coruña, é a principal proveedora de servizos de autobús no norte de Galicia, onde transporta preto de 4 millóns de pasaxeiros cada ano. Conta cun persoal de 288 traballadores e unha flota de 220 vehículos para servir ás principais poboacións das provincias da Coruña e Lugo. Ademais do transporte interurbano, tamén é un dos principais operadores de transporte escolar e ofrece outros servizos discrecionales (turísticos, empresas, a demanda, etc.).

Arriva en Galicia está integrada no Grupo Arriva, cun equipo que en España supera os 1.000 empregados, principalmente en Galicia, Madrid e Mallorca. Arriva, que forma parte da compañía Deutsche Bahn, é o maior operador de servizos de transporte público de Europa, onde conta con 60.000 empregados e opera en 14 países da UE.

Novas relacionadas

Un ano de carencias no transporte da bisbarra
    .

Máis información

Fonte

Comentarios