Venres. 29.03.2024
El tiempo

A artesanía costeira que triunfou no Festiletras

A oleira de Buño Carmen Isabel Labrador; o coiro muxián de Maranxo; as eternas Redeiras de Corme; e os cestos do Couto de “O Son das Varas”, participaron na 37ª Feira de Artesanía do Festiletras 

rptnb
Mary Barrientos co coiro muxián de Maranxo na Feira de Artesanía do Festiletras 2019
A artesanía costeira que triunfou no Festiletras

Cos ecos aínda do repetido e esperado éxito do Festiletras 2019, queremos facer aínda unha última parada na feira de artesanía que encheu de agarimo a aldea do Couto durante o completo domingo de peche.

Aló dentro, ademais do triunfantes Bico de Xeado (había que ver a cola despois de comer…) os postos, sen dúbida, con maior atracción, eran os que tiñan o selo da artesanía Costa da Morte. Alí luciron a súa arte Carmen Isabel Labrador, a Oleira de Buño; Mary Barrientos co coiro muxián Maranxo; as eternas Redeiras de Corme, Chus e Rosa; e “O Son das Varas”, unha parella de cesteiro e cesteira do Couto, como representación da creación local.

rptnb

Fermoso ver que proxectos como este pontecesán seguen medrando. Un colectivo que ademais de impartir clases de cestería na Fundación Eduardo Pondal ao longo do ano (principalmente para maiores, pero tamén imparten obradoiros polos centros de ensino), cultivan o seu propio vimbio e centeo, e ademais de todas as súas creacións máis tradicionais, comezan xa a facer colaboración con marcas de moda. Se o encaixe convertiuse xa no maior dos produtos elitistas, por que non o vimbio?

hdrpl

Da oleira Carmen Isabel Labrador pouco novo fai falta dicir. Ademais de seguir rompendo estereotipos de xénero, Carmen leva unha serie de elementos como colares ou pendentes de máxima calidade.

Mentres, Maranxo comeza a facerse un oco nestas feiras cunha colección de bolsos e accesorios (mochilas, maletíns, cintos, carteiras…) de máxima calidade, e cun estilo absolutamente singular.

E que dicir desas bravas redeiras, que xa levan as súas creacións, vangarda da marca “Artesanía de Galicia” a revistas como Vogue ou Loewe. Pronto as veremos na Cibeles.

Redeiras de Corme na Feira de Artesania do Festiletras

Novas sobre Artesanía

Comentarios