Martes. 22.10.2019
El tiempo

Unha oleira de Buño na Galería Mulleres

Unha oleira de Buño na Galería Mulleres
A oleira Carmen Isabel Labrador na Galeria Mulleres de Muxia Un nome costeiro, como o de Carmen Isabel Labrador, achéganos neste mes de novembro de 2015 á olería na Galería Mulleres, esta ristra de nomes femininos colleitada pola Biblioteca da Muller de Muxía, que nos axudan a recuperar a historia. A Oleira de Buño Carmen Isabel Labrador (1955) comeza a aprendizaxe do torno de alfareiro de forma autodidacta aló polos anos 70, porque en Buño ser oleiro era un oficio de homes que se transmitía de país a fillos varóns (seu pai tampouco era oleiro). As primeiras pezas que fixo eran os lilos, que eran os xoguetes das nenas, unas pezas tradicionais en formato pequeno. Agora fai unha variedade de cacharros para uso doméstico e decoración, con grande surtido de cores. Dende o 2012 é a presidenta da Asociación de Oleiros de Buño. Carmen Isabel é, ademais, unha innovadora dentro da cerámica de Buño, tanto no que se refire ás formas como á introdución de cores e esmaltes totalmente novidosos con respecto ao uso tradicional.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios