Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carmen Isabel Labrador: "Xa temos ganas de que comece a Mostra da Olería de Buño"

Carmen Isabel Labrador: "Xa temos ganas de que comece a Mostra da Olería de Buño"
Carmen Isabel Labrador leva case corenta anos no oficio de oleira Carmen Isabel Labrador leva case corenta anos no oficio de oleira O próximo venres comezará en Buño a 33ª Mostra da Olería, organizada polo concello de Malpica e pola asociación Oleira de Buño xunto coa colaboración da Deputación da Coruña. Esta feira - que se prolonga ata o 15 de agosto - é xa un clásico na Costa da Morte. Utensilios de cociña, artigos de decoración, xoias,... son algúns dos materiais expostos que contan todos co mesmo denominador: feitos a man. Carmen Isabel Labrador coñece moi ben o oficio, xa que leva case 40 anos ao fronte dun torno o que a converteu na primeira muller oleira nun traballo propio de homes. Hoxe, ademais é a presidenta da asociación Oleira de Buño.
  • QPC: Hai xa ganas de que comece a 33ª edición da Mostra da Olería de Buño?
Claro que si! Despois de estar tanto tempo preparándoa, tes ganas de comece e de que acabe. Esperamos que sexan dez días intensos onde temos que repartir o tempo entre o taller e a caseta de venta que estará ubicada no parque Luciano García Alén. O resultado sempre é positivo, sempre quedamos contentos xa que ao mesmo tempo estamos todos os oleiros xuntos que durante o ano é raro que nos vexamos. Mostra-de-Oleria-de-Buno-2016-214x300
  • QPC: Que novidades trae a mostra deste ano?
Veñen os Bolechas co seu libro, a ofrenda floral Luciano García Alén que tanto escribiu sobre os oleiros de toda Galicia e de Buño, un tren percorrendo a vila, a cocedura, a actuación do grupo Os Revenidos e Aula 11... en definitiva, todos os días temos algunha actuación o que fai que este ano sexa unha mostra moi animada. 
  • QPC: Como é o público que vai á Mostra? É máis esixente que o cliente do taller?
A verdade é que na Mostra vendes cousas distintas ás que vendes normalmente na tenda. Á Mostra vén xente da contorna e de fóra que normalmente teñen uns gustos distintos ao dos clientes da zona.
  • QPC: Cal é a situación pola que pasa agora mesmo a olería?
Como todo, foi a menos e ademais non son artigos de primeira necesidade. Pouco a pouco, imos notando unha leve recuperación, a xente comeza a desprenderse un pouco máis. De todas formas, en Buño somos 15 oleiros e a diferenza doutros artesáns ningún se viu obrigado a pechar pola crise. Polo que sobrevivimos.
  • QPC: Eres a primeira muller oleira, cando comezaches co oficio?
Sí, este era un traballo de homes. Eu comecei no ano 1979.
  • QPC: Hai relevo xeneracional na olería?
Non é moita cousa. Temos xente de trinta e moitos anos e corenta. Nestes momentos non temos moito máis relevo xeracional porque a maioría estuda e logo buscan traballo fóra da vila. 
  • QPC: Onde te inspiras para facer as túas creacións?
Na maior parte das veces fago cousas que me gustaría ter a min; é dicir, ves unha necesidade e creala. Outras veces inspíraste vendo outros traballos e poslle o teu propio estilo. Unha das pezas estrela do taller de O Falsete rexentado por Carmen Isabel Labrador Unha das pezas estrela do taller de O Falsete rexentado por Carmen Isabel Labrador
  • QPC: Hai algún traballo do que te sintas máis orgullosa?
Os traballos son todos como se fosen fillos. Ainda que hai unha peza especial que levamos facendo dende fai uns trinta anos e segue a ser a estrela do noso taller. É a silueta dun home sentado que ten un sombreiro e ten un libro. Esa foi unha creación de miña irmá, que traballa conmigo. Agora facémola en varios tamaños, cores,... Ademais facemos fontes, bonecos, unhas meninas, cadros, espellos, colgantes...  

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios