Venres. 29.03.2024
El tiempo

As ANPAs da Costa da Morte esixen atender as necesidades do alumnado NEAE

As ANPAs da Costa da Morte esixen atender as necesidades do alumnado NEAE
A Federación de ANPAS da Costa da Morte están preocupados

A federación de ANPAs da Costa da Morte, non entende o proceder da consellaría de Educación, ao eliminar - en pleno periodo vacacional- prazas de profesorado especialista en AL e PT que, na práctica, impide as posibilidades de integración do alumnado en situación de desigualdade. Un recorte que consideran implica un “retroceso de 15 anos”.

Por iso, veñen de presentar, por rexistro, unha carta onde lle lembramos ao xefe territorial da consellaría de Educación na Coruña o seguinte:

  • É obriga - como é para calquera de nós o cumprimento das leis - da consellería de educación a atención a todos as nenas e nenos de maneira axustada á súa realidade persoal.
  • É obriga da consellería de Educación que todas as nenas e nenos - independentemente de que mesmo o seu centro escolar o solicitase ou non, queira ou non, pense que precise ou non - teñan a posibilidade de recibir a atención docente que requiran.
  • É obriga da consellería de Educación a dotación de profesorado especialista AL, PT e coidador@s abondo que garanta o tratamento do alumnado existente, coas necesidades e peculiaridades que agora mesmo se dean, sen atender a dispoñibilidades orzamentarias nin a catálogos de postos de traballo.
  • É obriga da consellaría de Educación atender as necesidades NEAE que a comunidade escolar da Costa da Morte lle está a reclamar.

Carta da Federación de ANPAS da Costa da Morte á Consellería de Educación

A consellaría de Educación debe garantir o tratamento do alumnado existente na Costa da Morte que as ANPAs reclaman.

As nais e pais da Costa da Morte consideramos que a educación debe incluír factores correctores da desigualdade para garantir o acceso de todas e todos a un nivel equiparable ao dos demais. E isto está consagrado nas leis propias, mesmo nas leis elaboradas por gobernos actuais, nos tratados internacionais ou nas conferencias específicas sobre Educación.

Na Costa da Morte, a consellería de Educación está a levar unha política de feitos – en pleno periodo vacacional- que, na práctica, impide as posibilidades de integración do alumnado en situación de desigualdade. Retrocedemos 15 anos cunha decisión así!!!

A Declaración Mundial sobre Educación para Todos, aprobada na Conferencia Mundial de Tailandia en marzo de 1990, establece claramente que “para que a educación básica resulte equitativa, debe ofrecerse a todos os nenos, mozos e adultos a oportunidade de alcanzar e manter un nivel aceptable de aprendizaxe”.

E a propia lexislación que nos é directamente aplicable di que “todos e cada un dos alumnos e alumnas serán obxecto dunha atención, na busca de desenvolvemento do talento, que converta a educación no principal instrumento de mobilidade social, axude a superar barreiras económicas e sociais e xere aspiracións e ambicións realizables para todos”

Novas relacionadas

Fonte

  • Fedanpas.

Comentarios