Martes. 10.09.2024
El tiempo

As ANPAs preparan unha asemblea e unha nova folga

As ANPAs preparan unha asemblea e unha nova folga
Imaxe da ultima concentracion en Cee-Foto-Rafa QUintans Imaxe da última concentración en Cee contra a LOMCE do pasado febreiro-Foto-Rafa Quintáns

Non para a comunidade educativa. Mes a mes as demostracións contra a lei educativa demostran que esta loita está moi arraigada entre toda a poboación.

Así, para as vindeiras datas hai dúas citas importantes. Este xoves 2 de marzo, a Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte celebra unha importante Asemblea en Carballo. Posteriormente, o xoves 9 de marzo, nova folga para todo o Ensino Público, convocado pola Confederación ANPAS GALEGAS.

Asemblea da Fedanpas

Este xoves 02 marzo 2017, o Pazo da Cultura de Carballo acolle unha Asemblea da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte a partir das 19:30h, para tratar varios temas. Entre eles a organización da primeira etapa do Camiño dos Faros Sen Límites CF SenLímites. Ademais informarán da Xornada de Formación sobre as ANPAS e o Sistema Educativo que hai en Compostela o vindeiro 10 de marzo. Falarán das Xornadas ”Vivimos na Diversidade”, na Costa da Morte; escoitarán Propostas de xornadas sobre xestión, fiscalidade nas ANPA. E tamén analizarán a situación fronte a Mobilización do 9 de marzo “Folga no Ensino”.

Folga do Ensino o 9 de marzo

O próximo 9 de marzo está convocada por diferentes organizacións educativas unha folga xeral do Ensino Público, para continuar na protesta contra da LOMCE, “unha lei contra a que levamos máis de cinco anos loitando, que mesmo ten acordos maioritarios de paralización no Congreso dos Deputados, pero que continúa a aplicarse por uns Gobernos que non queren escoitar o que a cidadanía dixo na rúa, e tamén nas urnas”, segundo sinalan as ANPAS GAlegas.

”A Confederación ANPAS GALEGAS, que en ningún momento deixou de denunciar unha normativa como a LOMCE, lesiva para os intereses da nosa mocidade actual e da sociedade futura en xeral; tampouco nesta ocasión ten dúbidas da conveniencia, da actualidade, nin da necesidade de apoiar pública e rotundamente todas as mobilizacións, tamén as do próximo 9 de marzo, que defendan un Ensino Público libre de normativas como a que se denuncia, así como de continuar dicindo en voz alta e moi clara que as nais e pais do alumnado público galego non queremos a LOMCE, demandamos a súa inmediata derrogación, e non aceptamos un “pacto educativo” no que non está presente toda a comunidade educativa galega, porque para esta Confederación, o noso País ten motivacións de abondo como para ter voz propia en calquera normativa que pretenda regular a nosa realidade, a nosa convivencia, a nosa educación e a nosa cultura”.

”Para esta Confederación, a defensa dun Ensino Público galego, inclusivo e laico, é a razón fundamental da nosa existencia, e estaremos sempre con todas aquelas persoas e organizacións que defendan con nós eses principios elementais de equidade e respecto mutuo, e loxicamente estaremos en contra de todo aquilo, e de todos aqueles, que os ataque ou os menosprece”.

&nbps;

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios