xoves. 01.05.2025
El tiempo

As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado

As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado

Moi querida neta Cristina:

Fágoche chegar unhas liñas para intentar desafogarme un pouco. Sento unha compresión no peito que non me deixa respirar ben. Creo é consecuencia dos embates da peste macricida. Teño que relaxarme pero sóbeme a presión ao ver que os votantes de don Mauricio son unha especie insolidaria de cidadáns que buscan realizarse a través da autoflagelación. O grandísimo Cervantes pon en boca de don Quixote a seguinte recomendación: “Dad crédito a las obras y no a las palabras”. Bueno, nas pasadas eleccións os macristas déronlle volta ao consello do nobre cabaleiro andante. Son flor de vivos. Non lle deron crédito ningún á infinidade de realizacións túas en grandes obras públicas pero se morfaron todas as palabras do trío ocultista de medios de comunicación formado por “Clarín”, “TN” e “La Nación”.

É algo novedoso na historia política arxentina. Ata agora si querías gañar tiñas que convencer ao electorado de que o teu programa de goberno é o mellor para facer crecer a economía. Se cadra, si analizamos unha frase de Aldous Huxley [1894-1963] atopámoslle certa explicación ao triunfo de Macri. O autor inglés da famosa novela “Un mundo feliz” é tamén un fino ensaista: A filosofía ensínanos a sentir incertezas ante as cousas que nos parecen evidentes. A propaganda, en cambio, ensínanos a aceptar como evidentes cousas sobre as cales sería razoable sentir dúbidas. Paréceme que o votante macrista non quere pensar. É un campión do entendemento do evidente e a propaganda éncheo de certezas dogmáticas: Todos os ñoquis son peronistas, Os graxa viven sen laburar, Eu non manteño vagos.

Unha serie de falsedades, repetidas unha e outra vez polos “faladores a soldo” foi a gran base ideolóxica que lles fixo gañar as eleccións. Coa súa capacidade de análise atrofiada, votaron por un candidato da alegría. Outros vían con preocupación o ascenso dun empresario fracasado que se chamuyaba aos cabeza de globo para que lle facilitasen o salvoconducto que lle abría a caixa dos fondos públicos. Esquecéronse da miseria de país que se atopou Néstor cando asumiu a presidencia. O deputado Carlos Heller acláranolo: O goberno está implementando unha transferencia de recursos ao revés. Sácalle diñeiro aos que menos teñen, facendo que o salario perda valor, aumentando o prezo das cousas que consumen e mellorándolle a situación aos que máis teñen.

Os votantes macristas aseguraban con firmeza que eles se gañaban todo o que tiñan co seu esforzo persoal. Ti, Cristina, non tiñas nada que ver porque ademais eras unha chorra cretina. É de supoñer que agora co seu ídolo non cambiou nada nas súas vidas. Seguen sendo os bancadores do que teñen. Estarán contentos coas novas tarifas eléctricas e encantados de que en “Coto” se limite a venda de asado a dúas quilos por persoa. Antes a carne estaba barata pero eles querían dólares. O asado é para os graxa peronistas. Che puteaban por non liberar o dólar que agora non poden comprar ao devaluarse nun 40% os seus ingresos.¡Son uns cerebros que as saben todas! Votaron para que os millonarios poidan aumentar os seus activos en contas suizas que non pagan impostos en Arxentina.

É certo que non hai mal que dure cen anos e a peste será erradicada en menos de catro anos. Por desgraza, moitos seguirán metidos na burbulla do resentimento. Non terán valor para protestar pola gran estafa de ter que pagar polo quilo de asado o mesmo que en Alemania, España, Francia ou Italia. Son tan nabos que non se dan conta que un alemán paga tres veces menos por un quilo de asado. O seu salario triplica o de Arxentina.

Despídome. Teño moitos máis temas para lamentarme pero deixareinos para outro día. Teño que ir comer filloas, feitas nunha pedra, que está preparando a vella amiga Maruxa Villanueva para festexar que a capital de Galicia, Santiago de Compostela, é a invitada de honor na próxima Feira do Libro a celebrarse en abril en Palermo. Se podes, achégate. Virán varios bos escritores galegos a presentar as súas obras. Recibe o agarimo do vello emigrante que non esquece a fermosa aldea fonsagradina onde naceu.

- Pascasio Fernández Gómez.

 
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios