As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés
13:05 16/02/16
Moi querida neta Cristina:
Volvo escribirche ao constatar que a birome ten vida propia, en serio dígocho, escribe solita. O curioso é que sabe o que estou pensando e exprésao coas palabras xustas. Supoño que é un dos privilexios que nos ofrece a vida celestial aos que fomos laburadores honrados, alá abaixo. Sigo con rifa. Cada día que pasa dóeme máis ao ver a gran efectividade que tivo a venda electoral virtual sobre os ollos dos votantes macristas. As novas tecnoloxías facilitáronlle moito o triunfo a don Mauricio mediante un innovador produto que che permite ir pola rúa puteando á negrada peroncha sen ter que abrir a boca. Ao poñerse a venda, automaticamente, vaise liberando no organismo unha eficaz pichicata coa adecuada dose de odio e resentimento.
Os avós emigrantes estivemos analizando o comportamento cidadán nas pasadas eleccións. A nosa conclusión coincide co expresado por Rigoberto Lanz: "Non estamos lidiando con pensamento político senón con mazamorra ideolóxica. Non enfrontamos un proxecto de país alternativo senón a furia babosa de odio e frustracións persoais. Non se trata de interactuar políticamente con formacións antagónicas, xente que pensa distinto, senón lidiar con patologías psicopolíticas irrecuperables." Acá é onde atopamos a orixinalidade do actual momento político en Arxentina xa que con tres mentiras e tres promesas obtense o apoio do 51% do electorado. É sabido que os enfermos encérranse para fuxir do diálogo.
Tamén somos da opinión de que en Arxentina non hai crise. Ti deixaches as arcas públicas con abundantes reservas monetarias e sen débedas cos organismos financeiros internacionais. O correcto é falar dunha estafa do goberno macricida que se concreta en facer máis ricos aos ricos e máis pobres aos pobres. Ademais, para pechar o círculo da inxustiza oféndese e despreza na máis absoluta impunidade. Estamos facendo referencia a dous casos moi significativos. Un é o da carne e outro o da minería. O aumento toleado do prezo da carne vacuna fixo descender rápidamente o nivel de vida dun 99% da poboación. O goberno rise na jeta dos cidadáns e bótalle a culpa ao carnicero. Lévanche ao matadero pero con alegría para os "cabeza de globo amarelo" que mostran o seu mellor sorriso.
Con respecto á industria minera, máis do mesmo. Os capos do goberno mátanse da risa ao non ter que explicar nada aos seus votantes ao contar con adeptos incondicionales á causa que lidera o gran sacerdote don Mauricio. Non lle vemos sentido a unha exoneración ou quita de impostos ás exportacións de minerais. As compañías deixaron de pagar 233 millóns de dólares malia que, case todas, incumpren as normativas de protección medioambiental. É algo inédito. O estado arxentino premia a compañías indecentes que contaminan acuíferos e ríos. No canto de sancionalos con fortes multas por delito contra o medio ambiente, regálalles uns millóns que se van correndo para Toronto que é onde está a sé social da controvertida Barrick Gold Corporation.
Antes de despedirme queríache falar dunha “ñoqui” que creo converteuse en “sorrentino”. Acordaraste do asqueroso ataque á filla de Rossi no Banco da Nación Arxentina. Á rapariga cruzárona, malia que cumpría todos os requisitos para o posto. Acabamos de ler que Inés —a irmá de Máxima— foi nomeada directora en Políticas Sociais da Presidencia da Nación. Non posúe nin a titulación nin a experiencia que se require pero, a pobrecita, anda sufrindo mal de amores. Así se explica que acuda na súa axuda don Mauricio que a nomea con efecto retroactivo. Inés percibe o seu bo soldo desde o 10 de decembro do ano pasado pero recentemente apareceu, onte, no seu lindo laburo trucho.
Agora si que termino, voume embalado a unha charla do compañeiro vilalbés Chao Rego sobre o poetazo Manuel María en adianto ao próximo Día dás Letras Galegas. Recibe o agarimo do avó das montañas fonsagradinas que non esquece a beira riopratense onde me alegraban a vista aquelas fermosas flores lila do jacarandá.
– Pascasio Fernández Gómez.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- As cartas do avó Pascasio A xenerosidade do votante macrista.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).