Venres. 10.05.2024
El tiempo

As festas da Barca chegan á #AxendaCostadaMorte

As festas da Barca chegan á #AxendaCostadaMorte
Chega á #axenda da Costa da Morte unha das fins de semana máis agardadas pola veciñanza: a romaría da Barca de Muxía. Esta non será a única festa destes días, xa que en Fisterra, Baio e Ponteceso celebran tamén as súas festas patronais. Ademais destas, na axenda destes días hai moitas máis propostas para todos os gustos. Antes de ver cada unha delas, repasamos o parte costeiro de Meteogalicia.

Meteogalicia

En xeral, o tempo estará bastante tranquilo durante esta fin de semana na Costa da Morte. Xa dende onte xoves, a zona de aire frío en altura xa se despraza cara o leste deixando un anticiclón reforzado. É dicir, agárdase unha fin de semana de tempo seco e moi soleado. As nubes poden aparecer a primeira hora da mañá (dos tres días da fin de semana). As temperaturas subirán estes días para chegar aos 24-25 grados ainda que aquí intervirá o vento que fará que non se note tanta sensación de calor. O vento soprará de maneira moderada, nas zonas máis próximas ao mar pode acadar algúns intervalos fortes, o que fai que a sensación térmica estea por debaixo do que marquen os termómetros. En canto ao mar, hai que ter en conta sobre todo hoxe algún intervalo de vento de forza 6, maruxía forte mentras que a visibilidade será moi boa. 

Festas

  • Festas da Barca de Muxía. A Romería da Virxe da Barca volverá xuntar a doble festa (a trouleira e a romeira) na vila mariñeira, con grandes orquestas, coa maior traca de bombas de palenque de Galicia (o sábado ás 14:30h) e dúas sesións de fogos artificiais para recordar. O domingo será o día da verdadeira romería, e o luns o día da festa para a xente da vila.
  • Festas en Baio. En Baio celebran estes días as súas festas patronais que arrancan hoxe e rematan o domingo cunha gran sesión de fogos artificiais.
  • Festas en Fisterra. Tamén dende hoxe e ata o domingo, Fisterra celebra as súas festas patronais na honra da virxe do Carme. Ademais da música, haberá o campionato de futbolín e procesión marítima.
  • Festas da Barquiña. Hoxe arrancan en Ponteceso cinco días de festa. Hoxe haberá churrascada e música.  Mañá e o domingo, o vermú e a verbena nocturna maridaranse coa IV Ruta dos Pinchos #Pinteapinchar. Xa o luns hai troula todo o día, e o martes 11 remata a festa na sesión vermú.
  • Romaría das Neves de Buxantes. Mañá volve a festa á parroquia dumbriesa de Buxantes. Haberá misas, sesión vermú e incluso a actuación dunha das finalistas do programa Recanteiros do Luar.
  • Festas dos Milagros en Santa Catalina. En Santa Catalina, Santa Comba, celebran estes días as festas dos Milagros.
  • Romaría e Sn Marcos. Este domingo, en San Marcos do Monte de Campo das Cortes (Muros) celebran a súa tradicional romaría na que a comida e a diversión están garantizadas.

Outras citas

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición M’eu – Mar. Tempos longos” de Xan Vieito. O horario de apertura da sala de exposicións é de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios