Luns. 06.05.2024
El tiempo

As mulleres da Costa da Morte loitan polo dereito a decidir cunha manifestación a prol do aborto

As mulleres da Costa da Morte loitan polo dereito a decidir cunha manifestación a prol do aborto
Imaxe da concentracion do pasado mes maio en Cee a favor do aborto

Xa demostraron as mulleres de Cee que non quere rosarios nos seus ovarios. E as loitas ante a nova lei do aborto do goberno central collen cada dia máis relevancia.

Así, Dende a Plataforma galega polo dereito ao aborto na Costa da Morte, da que forma parte a Asociación Feminista Buserana, convocan a toda a poboación a se manifestar con nós o vindeiro venres 14 de xuño, ás 20 horas, na Praza 8 de marzo, en Cee.

Baixo o lema "Aborto libre e gratuíto. As mulleres decidimos", queren facer público a súa "oposición ao retroceso nos nosos dereitos, ao cambio dunha lei que os ignora, polo que chamamos a todas e a todos a se unir a nós neste acto".

Así mesmo convidan a acudir á manifestación nacional que terá lugar o vindeiro domingo 16, en Santiago, e que ás 5 da tarde partirá da estación do tren.

Apoio político

O Bng Costa da Morte quere "amosar o seu apoio a concentración de mañá venres en Cee contra a Lei do Aborto convocada póla Plataforma Galega pola defensa do dereito ao aborto, da que forma parte. O goberno do PP pretende co borrador de lei actual un retroceso de décadas que vulnera dereitos consolidados das mulleres no referido á súa saúde sexual e reprodutiva.
Baixo premisas falsas e mentiras sobre o que se estabelece na actual lei, a nova normativa impulsada polo Ministro de Xustiza pretende aplicar o programa ideolóxico dos grupos ultra relixiosos que se opoñen aos dereitos das mulleres sen responder, en ningún caso, a criterios económicos nin sanitarios"
, explican.

Novas relacionadas

Fonte

  • Buserana.

Comentarios