Venres. 29.03.2024
El tiempo

#12MESES12LOITAS

As Enfermeiras Eventuais en Loita adican o mes de febreiro ás compañeiras que tiveron que emigrar

Nuria, enfermeira emigrada.
Nuria é unha das enfermeiras que tivo que emigrar en busca dunhas mellores condicións na súa profesión.
As Enfermeiras Eventuais en Loita adican o mes de febreiro ás compañeiras que tiveron que emigrar

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita convoca outro mes máis unha concentración enmarcada no movemento ”12 Meses, 12 Loitas”. Desta volta a loita céntrase nos enfermeiros que tiveron que marchar do país para exercer a súa profesión de maneira digna, cunhas condicions laborais xustas e onde o valoren como profesional.

Segundo explican, días atrás dende a Consellería de Sanidade, deronlles máis motivos para concentrarse trala publicación dun comunicado anunciando a prohibición de “anuncios, cartéis e publicidade [..] que poden resultar inxuriosos ou ofensivos para determinadas persoas, colectivos ou institucións” e “concentración de protesta”. É por isto que, "ademáis de apoiar aos nosos compañeiros emigrados, tamén queremos mostrar o noso rexeitamento cara esas medidas de censura que cremos que vulneran a liberdade de expresión e o noso dereito como profesionais e como cidadáns a mostrar a nosa disconformidade coa xestión da Administración Pública", indican dende o colectivo.

En relación coa temática deste mes, as Efermeiras Eventuais publicaron un artigo na súa web con testimonios de compañeiros e compañeiras que traballaron ou traballan fora da nosa terra e que explican as condicións tanto laborais como personais, así coma o seu sentir e se valoran retornar. Así, contan a historia de Sara e Álvaro, que marcharon para Barcelona, ou a de Nuria, Damián, Eva e Patricia, que tiveron que marchar cara o estranxeiro, onde lle ofrecían unha estabilidade que non tiñan no SERGAS.

enfermeiras emigradas

Este mércores 12 de febreiro concentraranse de novo diante dos hospitais públicos e centros de saúde de Galicia e convidan á xente a unirse á súa causa, "polos nosos compañeiros emigrados e pola vulneración da liberdade de expresión".

Comentarios