Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Asturias únese á folga da pesca artesanal galega deste venres

  • Corcubión será o único porto que non secundará a folga
Barco da pesca artesanal en protesta contras os TACs en 2012
Barco da pesca artesanal en protesta contras os TACs en 2012
Asturias únese á folga da pesca artesanal galega deste venres

A pasada fin de semana confirmouse a mobilización do sector da pesca artesanal ante as novas medidas do Regulamento Europeo de Control. Unhas medidas pensadas para a pesca industrial, e por aí veñen as queixas dun sector que xa está suficientemente controlado e que pola súa natureza, non require a vixilancia extrema que pide a UE para grandes arrastreiros.

Onte, as confrarías galegas coñecían a nova da incorporación á folga deste venres 26 da flota artesanal asturiana. Ambas comunidades unen forzas para intentar evitar a instalación de videocámaras a bordo. As confrarías asturianas fan fincapé na carencia de cotas,  incidindo en que a pesca artesanal tiña que estar exento de cotas e TACs.

Ademais da folga, as embarcacións, engalanadas con pancartas, uniranse en cada porto ás 12:00h , onde farán soar as súas sirenas. Así mesmo, as lonxas permanecerán pechadas, e as bandeiras da das confrarías estarán a media asta.

Corcubión non fai folga

A única confraría que non secundará a folga será Corcubión. Na reunión telemática do pasado sábado, non permitiron estar presente a José Buiturón, o ex patrón maior, como representante do patrón actual. E na asamblea celebrada no pósito corcubionés, os mariñeiros non quixeron secundar a folga, mantendo aberta a lonxa.

"Non podemos permitirnos o luxo de perder días de mar despois do inverno que tivemos", explica Buiturón.
 

Novas relacionadas

Comentarios