Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria


Da quebra da Neria xa temos falado. Memos temos escoitado unha incómoda Radiografía da Neria por unha ex traballadora. Pero hoxe é unha voz moito máis autorizada a que denuncian a débeda. É a mesma Deputación da Coruña a que “lamenta a situación da Neria e lembra que a lei prohíbe efectuar pagamentos a entidades que non cumpren coas súas obrigas tributarias”.
Xustifica así, a Deputación, que non dea máis axudas á entidade supramunicipal, recordando que a “empresa Neria Costa da Morte S.L.U., adxudicataria da atención de visitantes en Batáns de Mosquetín, Torres do Allo e o Pazo de Mariñán, conta cun embargo de 12.117,43 euros, outro de 150.388,63 euros, e ademais arrastra débedas coa Axencia Tributaria e coa propia institución provincial”. E iso que no fala do C3M, cun millón de euros do Ministerio no aire.
“É rotundamente falso que a Deputación da Coruña deba cartos a Neria porque, como saben os responsables desa asociación, a lei non permite que unha administración pública realice pagamentos a unha entidade que non cumpra coas súas obrigas tributarias”. Así de contundente se mostrou onte o presidente da Deputación, Diego Calvo, para explicar o porque do non abono das cotas de socio á entidade da Costa da Morte. O presidente da Deputación demostra así a súa visión da polémica entidade costeira.
Calvo recorda que a Deputación informou ao presidente da entidade, antes de que pechara o ano 2014, co obxectivo de que regularizaran a súa situación para poder abonar a cota. “Non houbo resposta de ningún tipo”, di rotundo Calvo.
”Situación máis grave”
No que respecta á xestión da atención de visitantes nas Torres do Allo, os Batáns do Mosquetín e o Pazo de Mariñán, contrato adxudicado á Neria Costa da Morte S.L.U., a situación é aínda máis grave, xa que sobre esta sociedade pesa un embargo de 150.388,63 euros. Desta situación tívose coñecemento na Deputación da Coruña no mes de outubro de 2014, cando xa estaban tramitadas as facturas, correspondentes aos meses de xullo e agosto, que a empresa responsable deste contrato remitira á Deputación ata entón.
”A partir daquel momento non se recibiu ningunha factura máis, o que fixo imposible que desde a institución provincial se puidera, aínda que non existira o embargo, tramitar o pago”.
Por todo isto, desde o goberno provincial consideran “completamente falsas” as acusacións vertidas polo presidente da Asociación Neria, xa que “non é certo que se lles deba nada” e eles, como responsables dunha entidade, deberían saber que a lei non permite facer pagos a ninguén que teña contraída algunha débeda ou estea pendente dalgún pago.
Novas relacionadas
- 16-02-15: O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- 04-12-14: Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- 30-11-14: A Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- 12-09-12: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- Agardando polos códigos Qr.
Fonte
- Deputación da Coruña.