Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables

Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables
Satisfacción entre o Comité de Empresa pola resolución definitiva ao recurso que a empresa presentara despois de coñecerse en Xullo pasado da negativa do ente da Xunta de Galicia a petición de ferroatlantica para permitir a segregación de centrais e factorías. Nun comunicado, O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas "quere amosar a súa satisfacción pola resolución que vén de emitir Augas de Galiza desestimando o recurso de alzada presentado pola empresa. A resolución confirma os argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras dende o inicio do conflito: que o interese xeral que ampara a vinculación de actividades non mudou e que o Plan Industrial de Ferroatlántica é unha farsa". Para o comité, "esta mentira quedou ao descuberto cando, nada máis coñecer a resolución inicial da Xunta, a empresa, con total descaro, deixou sen efecto o plan industrial, a pesar de defender que o interese xeral que sostén a vinculación de ambas producións podía ser intercambiáble polo mencionado proxecto industrial.  Ao tempo, continuou adiante co proxecto FerroSolar, mais levándoo de Arteixo a Puertollano, a pesar das millonarias axudas públicas recibidas por parte da Xunta en I+D nos últimos anos e do sobrecuste que este traslado suporá tanto de construción como de produción, tendo en conta os consumos enerxéticos e o transporte, entre outros. Aki mesmo, o comitê considera que "hai que lembrar que a materia prima fundamental para a elaboración do silicio solar de calidade fotovoltaica, é o cuarzo que a empresa extrae da mina de Serrabal, outra concesión administrativa da Xunta de Galiza a Ferroatlántica." Con estas acciones e desoís desta negativa definitiva, o comité considera probado que "a finalidade da segregación e venda das centrais non era obter liquidez nin realizar inversións ou proxectos en Galiza. Quedou tamén patente trala adquisición por parte de FerroGlobe (grupo no que se integra Ferroatlántica) de novas plantas de  aliaxes de manganeso en Francia e Noruega. Instalacións que son competencia directa das fábricas de Cee e Dumbría". Con esta confirmación por parte de Augas de Galicia a negativa inicial, o Comité agarda que a empresa cese nas súas pretensións, ao terse clarexado definitivamente que non existe marco legal para que Ferroatlántica poida levar adiante a segregación de actividades. de todo los éxitos, e á vista das actuacións do grupo empresarial tanto no plano laboral como na utilización retorcida da lexislación, señalan dende o Comité, manieran a estreita vixiancia, din,  "a cada paso que dea a empresa e actuará en consecuencia para defender o futuro industrial e o emprego na comarca. De igual xeito, demandamos do Goberno galego que impida que Ferroatlántica continúe a desmantelar o tecido industrial que ten en Galiza, e que espolie e explote os nosos recursos naturais, mentres recibe millonarias axudas públicas para xerar riqueza e emprego fóra do noso país".

Comentarios