Avanza o proxecto das Sendas ciclistas en 7 Faros da Costa da Morte

En novembro pasado anuncuaba a Deputación o proxecto de construción das Sendas dos Faros, unha das iniciativas incluídas no Plan Director de Mobilidade Ciclista da institución provincial.
Un plan para unir 11 faros da provincia coas súas vilas a través de carrís bici, que vén de dar un novo paso para facerse realidade coa adxudicación da redacción dos proxectos.
Os faros obxecto do proxecto serán os de Estaca de Bares (Mañón), Cabo Ortegal (Cariño), Punta Frouxeira (Valdoviño), Punta Nariga (Malpica), Laxe, Cabo Vilán (Camariñas), Cabo Touriñán (Muxía), Fisterra, Cabo de Cee (Corcubión), Lariño (Carnota) e Punta Queixal (Muros), nos que se deseñarán un total de 59,6 quilómetros de itinerarios de sendas ciclistas apoiados na rede viaria existente e cun ancho aproximado de 2 metros.
O investimento estimado para facer realidade este proxecto ascende a 5,1 millóns de euros.
Quedará pendente facer algo para… abrir os faros. Estes sons escollidos da comarca
Faro | Concello | Lonxitude (km) |
Punta Nariga | Malpica | 14 |
Punta Insua | Laxe | 1,4 |
Cabo Vilán | Camariñas | 5 |
Cabo Touriñán | Muxía | 16 |
Fisterra | Fisterra | 3 |
Cabo de Cee | Corcubión | 3,4 |
Lariño | Carnota | 0,9 |
Punta Queixal | Muros | 2,6 |