Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: velaquí as propostas!

Ás portas dunha nova fin de semana, aquí vos deixamos un pequeno resumo das citas culturais das que poderedes gozar ao longo destes días na Costa da Morte.

exposicion_emigrantes_centro_sociocultural_baio
Exposición Emigrantes Centro Sociocultural Baio
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: velaquí as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: INFLUENCIA DE ALTAS PRESIÓNS

Meteogalicia avísanos que o venres Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións, con ventos de compoñente norte. Así, agárdanse ceos cubertos no terzo norte, con chuvias febles, e ceos con menos nubes canto máis ao sur. O sábado continuaremos baixo a influencia anticiclónica, con ventos do norte. Polo tanto, comezaremos o día con nubes baixas no terzo norte e bancos de néboa en comarcas do interior. Co avance do día, os ceos quedarán pouco anubrados ou despexado, en xeral. Xa para o domingo, non se agardan cambios polo que Galicia na influencia das altas presións e ventos do norte. Así, os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados na metade sur, mentres que na metade norte predominarán as nubes baixas nas primeiras e derradeiras horas do día. 

Xoves 23 de maio 

-Exposición sobre emigración en Zas.

Venres 24 de maio

-Ruta Carballo por Etapas (do 24 ao 26 de maio).

Sábado 25 de maio

-Festival do Centro Social de Cee.

-Andaina Coñece a Costa da Morte por Fisterra.

-XII Festival 'Teatrapa' en Laxe.

-Remata a Mostra de Teatro Xosé Agrelo con Aquelando Teatro.

-Teatro de APEM en Corme.

-Día da Toalha no Casino de Carballo.

-Día do Comercio en Laxe.

-Concerto de Los Claretes en Vimianzo.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios