Xoves. 18.04.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Co outono, o teatro toma o mando

Unha imaxe do público no FIOT do ano pasado
#AxendaCostadaMorte: Co outono, o teatro toma o mando

Xa en pleno outono, volve o teatro convertirse en protagonistas, da man do FIOT, o mellor programa de teatro de toda Galicia. A gastronomía comparte protagonismo na Ruta de Tapas Malpica sabe a mar.

Parte costeiro

A fin de semana preséntase algo mellor do que parecía, unha vez que xa pasou a fronte e a tendencia pola tarde é que abran certos claros, xa sen chuvia. Iso si, hai un aviso de mar de fondo por altura de ondas de 3-4 metros pero que se desactiva o sábado.
Precisamente o sábado será, en xeral en Galicia, un día de ceos despexados, sobre todo no interior, pois no litoral o vento de sur podería traer algunhas nubes de estacamento.
O domingo entra, coma sempre pola nosa bisbarra, unha nova fronte, e volverá traer chuvia, con chuvias febles e vento moderado do sur.

FIOT 2019

A 28ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo levanta o telón este venres 27. E faino coa Rúa dos Contos e o Teatro de Rúa como principais protagonistas desta primeira fin de semana de espectáculo. Pedro Brandariz, Xurxo Souto, Carlos Blanco, Xampatito Pato, ArtesaCía, Oswaldo Digón, Carmen Conde, Tito Rober e o concerto do dúo Blues do País serán os primeiros en subir ao escenario.

Ruta de Tapas Malpica sabe a mar

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar celebrará esta fin de semana a súa segunda edición do 2019. Dende o venres 27 ata o domingo 29 estará aberta esta iniciativa en 9 bares, que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: o turismo, a pesca e a olería.

Ademais, o venres pola tarde comezan as sesións infantís na Biblioteca e o domingo os bailes de maiores

Doble cita en Mazaricos

Mazaricos terá saída doble esta fin de semana. O sábado hai unha Camiñada Cultural da man de Suso Jurjo polas vellas feiras, e o domingo é o Día da Bici.

Festas

Aínda queda algunha verbena:

- Camelle celebra as súas Festas de San Miguel este sábado.

- Este domingo, as Festas de San Salvador de Santa Comba celebran a Romaría da Virxe dos Remedios.

Outras citas

- O venres, a Capela do Pilar de Corcubión acolle a Entrega do Premio de Tradución Plácido Castro. De seguido, a comunidade Boca de Sapo proxectará unha proxección de imaxes das marchas escolares polo clima na Praza Castelao.

- O sábado será o XX Encontro de Corais de Corcubión.

- En clave musiqueira, O Casino de Carballo celebra unha Foliada para darlle a benvida ao Outono.

- Para a tarde do sábado e a mañá dominical, poderás disfrutar da Realidade Virtual probando os novos xogos de Inmersia no Centro Comercial Finisterrae de Cee.

- O Domingo comeza a programación infantil do Outono Rebuldeiro de Vimianzo.

EXPOSICIÓNS

  • Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Liresca.
  • Faro Vilán acolle a exposición de pintura de Patricia Suárez Arén durante o mes de setembro.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición de Mon Lendoiro ata o 31 de outubro, de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • Galería Garabato de Carballo acolle a exposición Photografismos de Eduardo Ermida dende o sábado 21 de seyembro ata o 30 de outubro.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios