A #AxendaCostadaMorte mantense variada neste comezo do mes de setembro

Primeira fin de semana de setembro, e a #AxendaCostadaMortebaixa lixeiramente a actividade. Así e todo temos unha fin de semana con actividades para todos os gustos.
Parte deMeteogalicia
Continuanos baixo a influencia do anticiclón, pero a interacción coa baixa térmica fai que sopre o vento do nordés. Un vento que terá alerta amarela con ventos de forza 7 a partir das 13:00h do venres. Durante toda a fin de semana debríamos ter ceos despexados (si que podería haber algunha nube de estacamento pola zona de Bergantiños), e temperaturas máximas que rondarán os 23-24º, e mínimas por riba dos 15º.
Vai de festas
A gran cita da fin de semana son as Festas Patronais e do Carme de Fisterra. De venres a domingo non pararán nin a música nin as actividades, destacando o Campionato de Fútbolín Alexandre Fisterra, e a procesión marítima (despois da misa do sábado).
Tamén son #paradaobrigatoria as Festas de Setembro de Baio, onde non falla El Combo, para a verbena do venres. A música non faltará venres nin sábado.
MUUUUito Rock en Santa Comba
Co ánimo de poñer en valor a cultura gandeira, a Comisión de Festas de Santa Comba arma o festival MUUUUIto Rock in Xallas, traendo nada menos que a Herdeiros da Crus no seu último concerto da Xira dos 25 anos. A cita o 7 de setembro na Praza do Campo da Feira.
Para Gastronomía, as Patacas de Coristanco
Son citas que nunca fallan, e se son con produtos da casa, moito mellor. Venres, sábado e domingo, os bares de Coristanco acollen a Ruta dos Pinchos elaborados con Pataca de Coristanco, na fin de semana previa á gran Festa da Pataca.
Vai de Romarías
- A Semana Cultural de Brantuas (ten actividades venres e sábado) ten a súa dualidade copleira coa Romaría da Virxe do Faro de Brantuas-Niñóns-Corme, que se celebra ao longo do domingo.
- O domingo celébrase a Romería da Virxe de Buxantes, unha das festas familiares típicas de Dumbría.
O domingo terá lugar tamén a Romería de San Marcos, do Campo de Cortes, en Muros, unha comida campestre con foliada e todo o que poidas esperar.
Outras citas
- O restaurante&bar de ecoturismo A Braña, en Lires, segue apostando pola música en directo, co concerto de Chiña, este sábado 7 de setembro.
- A unha semana da Romaría da Virxe da Barca dá comezo a Semana Cultural en Muxía. O sábado teremos a Talía Teatro e o domingo á Escola Municipal de Teatro de Muxía. As actividades continúan luns, martes e mércores.
EXPOSICIÓNS
- O Faro Vilán acolle a exposición de pintura de Patricia Suárez Arén durante o mes de setembro.
- A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
- As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
- Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
- O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30. - Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE