Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega

Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega
Congreso cos Pes na Terra en Carballo

Menudo nivelón. A vangarda tecnolóxica de Galicia xuntouse os pasados 30 e 31 de outubro no Forum Carballo. O Congreso “Innovando cos pés na terra”, armado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER) coa colaboración da empresa Abertal, convertiu á vila bergantiñá na capital da innovación galega.

Foron dous días completos, nos que puidemos comprobar a cantidade de propostas innovadoras que temos pola volta. De feito, o primeiro día puidemos coñecer 7 iniciativas pioneiras mundialmente que nacen na Costa da Morte, pero que a día de hoxe non reciben a atención axeitada.

Unha das reflexións máis interesantes chegou da man de Manuel Pan, armadanzas xunto a Daniel Cerqueiro das xornadas, que lamentou a non presenza nestes actos “dos que deciden onde van parar os cartos”, deixando claro a capacidade do noso tecido empresarial. “O nivel está sendo alucinante”, recoñecía mesmo sorprendido Pan. “Vai haber que repetir o congreso”, avisaba.

De vangarda galega

Vermis Proyect, dende Brión á Universidade de Stanford; Digiswitch® de domótica bergantiñán; Fútbol Táctico dende Coristanco a Brasil, China ou EEUU; Bricogeek unha tenda e portal online para os "geek" ou fanáticos da tecnoloxía de todo o mundo; Static Boards, creando produtos para impresoras 3D en Malpica; Mamá Lola, produción audiovisual dende Carballo; Lupeón, xa imprimindo en 3D dende Ordes, foron as propostas que nos fixeron reflexionar sobre o noso potencial na xornada do xoves.

Reflexións empresariais

Paco de Pin no Congreso cos Pes na Terra Recipiente realizando con Impresion3D para tapas do Restaurante Noor

A xornada do venres foi máis reflexiva, pero tan interesante. Paco de Pin, un dos persoeiros máis importantes da industria musical galega nos últimos 20 anos, falou da súa vida empresarial. É un dos fundadores deNordesía, empresa especializada no deseño e produción de eventos artísticos e no management e distribución de artistas. Un dos seus últimos traballos foi no Womex de Compostela, celebrado este mes de outubro, sendo unha das citas máis exitosas a santiaguesa desta xira mundial.
Paco partiu dos seus inicios no mundo dos negocios, aló polos 80, e foi percorrendo a súa carreira, falando de conceptos tan interesantes da “rede de talento galega polo mundo”, da evolución do mercado cultural galego.

De seguido foi o turno de Paco Morales, chef do restaurante Noor de Córdoba, un dos primeiros en traballar con impresoras 3D na cociña, un xeito de aforrar custes poñendo ademais un toque de deseño exclusivo nos teus pratos. Foi o qu levou a El Bulli o longueirón de Fisterra, e xa está traballando na creación dun sazonador natural para carne extraído de plantas autóctonas que se atopan en Ponteceso ou Baldaio.
Xunto a el falou Antonio Muíños, de Portomuíños, esa empresa que conseguíu convertir as algas nun produto de primeira calidade culinaria. Puxo as cousas claras Antonio, coa súa honestidade habitual, deixando claro que “para levantar un proxecto empresarial fai falta, sobre todo, traballo”.

Antonio Muinos no Congreso Cos Pes na Terra

A 55 LaconNetwork volveu á Costa

LaconNetwork en Carballo

Non é a primeira vez que a Lacon Network se celebra na Costa, pero sempre é unha agradable cita a visita de boa parte da vangarda tecnolóxica galega. Empresarios e emprendedores relacionados con Internet e as novas tecnoloxías realizan cada último venres de mes esta reunión en distintas vilas galegas para intercambiar impresións e falar das novidades do sector. Desta volta, aproivetando o congreso, esta xuntanza viu ata Carballo.

Desta volta, a Escola de Hostelería do Forum Carballo foi a encargada do catering, e os asistentes ambientación musical de Oti Fernández. Unha sesión que se aproveita para facer networking, para recer redes entre membros do sector, para desvitualizar a rede e poñerse caras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios