Convertendo a Costa da Morte no corazón das TIC do país
Este venres 28 de outubro de 2011, máis de corenta empresarios do sector TIC, converteron, por un día, á Costa da Morte no centro neurálxico das Novas Tecnoloxías de Galicia. Unha xornada especial, pois Corcubión é a única vila do país, exceptuando as grandes cidades, que repite como anfitriona deste xantar empresarial.
Da man da axencia de márketing dixital Galinus, afincada en Corcubión dende hai oito anos e nai deste diario, o Restaurante Praia de Quenxe acollía a 22ª LaconNetwork, un encontro empresarial arredor dunha mesa que serve para estreitar lazos entre as empresas referentes do sector.
A sesión corcubionesa foi das máis participativas, i é que a "hiper perifeira" ten un atractivo especial para o empresariado de alto nivel. Entre os asistentes ao encontro, que se celebra o último venres de cada mes nunha localidade diferente de Galicia, atópase personalidades como Xavier Alcalá, o coñecido blogastrónomo Manuel Gago, un xornalista que utiliza as TICs para difundir as súas investigacións, ademais de empresarios do sector TIC da Costa da Morte, como Manuel Pan, xerente de Abertal; o corcubionés Alejandro Lamas, director de Sixtema e IkiMap e Daniel Cerqueiro director de Galinus.
Achegando o territorio
A xornada, enfocada tamén a achegar a beleza da Costa da Morte aos asistentes, incluiu unha viaxe en autobús. Foi o historiador muxián Manuel Vilar, o encargado de achegar o territorio a todos estes empresarios que viven na nube. Vilar, coa súa mestría habitual, explicou ducias de historias sobre a Fervenza do Ézaro e a súa explotación eléctrica; contou varias lendas pouco coñecidas sobre o Monte Pindo ante a intensa atención dos asistentes; e ofreceunos un fermoso solpor dende as casetas de pescadores de Caldebarcos, un exemplo de recuperación mariñeira tradicional.
Máis información e inscrición
Novas relacionadas
- LaconNetwork 2010 en Corcubión: A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte da man de Galinus.
- Galinus espalla as redes sociais por Baio, Camariñas e Ponteceso.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas .
Fonte
- Nota de prensa Galinus, Taller de Novos Medios.