Martes. 19.03.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CXLV): Camiños da Fin da Terra - Sendeirismo na Costa da Morte

A bitácora da semana (CXLV): Camiños da Fin da Terra - Sendeirismo na Costa da Morte

Preguntabamonos esta semana precisamente por que non había rutas de sendeirismo sinalizadas e homologadas na Costa da Morte. Un par de especialistas na materia nos contaban que para facelas legais e así aparecer en folletos internacionais, habería que facer un desenbolso de 20.000€, e que só para facer vir a estudiar a proposta a un dos examinadores necesitaríanse 2.500€.

A verdade é que é un prezo, pero non sería unha boa inversión nunha zona como a nosa onde os visitantes veñen buscando precisamente iso, nunha zona onde disfrutar da natureza é o principal reclamo, unha zona na que andar a modo de peregrinaxe é deporte mundial?

Dende logo que para nós, coa de millóns de euros que se teñen dilapidado na bisbarra nos últimos 20 anos, varias ducias de miles de euros para crear unha amplia e completa rede de sendeiros pola Costa da Morte tería sido unha grandísima aposta.

Hoxe coñecemos unha fantástica aposta para percorrer os Camiños da Fin da Terra. Un blog para amantes do sendeirismo na Costa da Morte, que se pode convertir en toda unha referencia para o visitante.

Deixámos que vaian disfrutando das marabillas da bisbarra.

Comentarios