Luns. 13.07.2020
El tiempo

O BNG de Bergantiños considera insuficiente e “pensados para os amigos” os orzamentos da Xunta para a comarca

O BNG valora os orzamentos da Xunta 2020
O BNG valora os orzamentos da Xunta 2020
O BNG de Bergantiños considera insuficiente e “pensados para os amigos” os orzamentos da Xunta para a comarca

Este xoves o BNG de Bergantiños facía a súa primeira valoración dos Orzamentos da Xunta presentados polo PP para o 2020. “Insuficientes”, “pensados para os amigos”, “reinciden nos recortes” e “non afrontan o desmantelamento industrial”, son algunhas das definicións que deron os responsables.

O vicepresidente da Deputación considera que estes orzamentos traen consigo “aspectos preocupantes para a democracia, porque escoitamos en campaña ao presidente Alberto Núñez Feijoo, “se nós gobernamos imos facer…”, e de contado vemos que o dragado de Laxe, que levaban décadas solicitando, faise coincindo co cambio de cor de goberno”.

Pola súa parte, Mini Rivas, considera que son “Orzamentos que quedarán a metade sen empregar”, e que “reinciden nos recortes sanitarios e non afrontan a debacle industrial coa conseguinte perda de postos de traballo que nos afecta”.

En clave local, o alcalde de Carballo, lamenta a ”previsión ben cativa e insuficiente para a sociedade carballesa e o empresariado, que coincide co que pensa o Concello que o polígono necesita unha reforma urxente. Ademais a circunvalación tampouco se vai acometer con urxencia a pesar de si ter unha partida. O peor é que aínda non saben onde onde empeza esta tan necesaria infraestrutura, e todos coincidimos que ten que empezar na rotonda da AC-552 do polígono de Bértoa, para enlazar coa estrada de Santiago”.

Ferrero quixo tamén lembrar que “a peaxe na AG55 foi unha penalización que lle fixo a todos os veciños da comarca por parte do PP, porque despois desta peaxe seguíronse construíndo varias autovías libres de peaxes”.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios