Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG lamenta a falta de inversión nos servizos e infraestruturas de transporte da comarca

campana BNG autovia costa da morte
O BNG lamenta a falta de inversión nos servizos e infraestruturas de transporte da comarca

”Sen tren; Sen case frecuencias de autobís; coa Autovía; sen rematar”. Así é a “realidade da Costa da Morte que nos deixa o PP”, segundo a nova campaña das Asembleas comarcais do BNG da Costa da Morte e Bergantiños.

Unha campaña que propón cambios, e que propón iniciar un estudo de viabilidade dun servizo ferroviario de proximidade; mellorar a oferta e a frecuencia dos buses interurbanos e rematar dunha vez a autovía ata o porto de Brens e aos polígonos de Cee e Vimianzo, ademais de eliminar as peaxes da AG-55.

Considera o BNG que “sae caro vivir na Costa da Morte”, e lamennta “o desmantelamento e a falla de servizos en sanidade, servizos sociais, educación ou administrativo”, que obrigan á veciñanza a desprazarse cara as cidades. Precisamente aí é cando chegan a necesidade de boas infraestruturas de comunicación, incluídas as dixitais.

Comentarios