Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Autovía e o Tren das 3C son as infraestruturas máis necesarias para a Costa da Morte

A Autovía e o Tren das 3C son as infraestruturas máis necesarias para a Costa da Morte

Esa foi a pregunta que lanzamos na nosa serie de enquisas a través da páxina de Facebook de Que pasa na Costa. E as respostas, polo de agora (segue aberta) foron bastante claras.

A Autovía é a infraestrutura máis demandada por case que a metade dos votantes. Unha autovía que vén de ser adxudicada dun xeito máis que polémico pola Xunta e que será unha realidade no verán do 2013.

A que non será nunca unha realidade será a segunda das infraestruturas máis votadas: O Tren das 3C, que uniría Coruña-Carballo-Corcubión. Máis de 50 das 200 persoas que votaron aposta polo ferrocarril, unha proposta que voltaba ao parlamento o pasado mes de febreiro sen demasiado éxito.

Con menos votos atopamos outras importantes infraestruturas tan diferentes como necesarias. Unha liña de internet decente, o Porto de Brens ou a demandada ITV son tamén peticións dos nosos lectores.

Non quedan aí as propostas. Lemos que a sinalización do patrimonio sería fundamental para o desenvolvemento do sector turístico; un servizo decente de transporte público (algo polo que tanto temos loitado en QPC) ou unha Lonxa comarcal de peixe.

Tamén temos outras como a base do Helicóptero de Salvamento de Lires e algunha máis escética como "sentido común".

Máis enquisas

Estean atentos ao noso Facebook porque esta mesma tarde noite voltaremos coas enquisas de orde electoral... Que alcalde vos pareceu peor nestes 4 anos de lexislatura? e o mellor?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios