Os socialistas esixen á Xunta que cumpla coas promesas do Corredor
Nada sabemos da Autovía (máis ben Corredor) da Costa da Morte dende que nos pasados Orzamentos de 2022 a Xunta incluíra unha partida 3,43 millóns de euros para “a continuación da autovía entre Baio e Berdoias”. Pero nin unha soa máquina se ten visto pola zona, malia falarmos dun treito do que xa se teñen realizado o movemento de terras, e ata xa se ten presentado, en febreiro de 2020, os planos do treito Baio-Calo.
A eterna parálise desta obra, e os 20 anos de promesas seguen sendo unha lousa difícil de aturar pola cidadanía, a pesar do cal non haia nunca consecuencias electorais.
Se o pasado mes de xullo era o BNG o que denunciaba a situación, este xoves 25 de agosto eran os socialistas galegos os que se xuntaban en Vimianzo para alzar a voz e pedir que a Xunta “cumpra coa Costa da Morte e inclúa nos orzamentos de 2023 as obras de continuación da autovía, e que sexa unha realidade iniciada en 2023”.
O mesmo Secretario Xeral e candidado socialista á Xunta, Valentímn González Formoso reuníase cos alcaldes/as e concelleir@s da comarca para denunciar “o papel mollado” en que se convertiu o proxecto presentado antes das últimas eleccións autonómicas. Formoso criticou “máis dunha década de promesas incumpridas”.
Formoso salientou a urxencia desta vía “para que as xeracións de mañá teñan alternativas e posibilidades de futuro” nunha das zonas de Galicia coas rendas máis baixas.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resumiu que “queremos que -a infraestrutura- deixe de ser papeis e que sexa unha realidade”, como veñen prometendo dende antes das últimas eleccións utonómicas engadiu a demanda histórica do concello de que a Xunta acometa a conexión da infraestrutura co polígono empresarial da localidade.
OVAS RELACIONADAS
- Xullo 22: BNG e AV demandan a transferencia da titularidade de Parque Empresarial de Vimianzo á Xunta.
- Outubro 21: Os Orzamentos da Xunta para 2022 inclúen 3,43 millóns de euros para continuar o Corredor entre Baio e Berdoias.
- Maio 21: SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta.
- Marzo 21: Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias.
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.
- Febreiro 2020: Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo.