mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG protagonizou a Andaina da Dignidade

BNG -Andaina dignidade 26-10-24
O BNG protagonizou a Andaina da Dignidade

Preto dun cento de persoas participaron este sábado 26 de outubro na Andaina da Dignidade para reivindicar o remate da autovía da Costa da Morte. Convocados polo BNG da Costa da Morte, os manifestantes desafiaron á choiva e percorreron os 16 quilómetros que separan Berdoias de Cee para demandar á Xunta de Galiza un compromiso firme coa ampliación da autovía AG-55.

O BNG da Costa da Morte cualificou a convocatoria como “un éxito e unha mostra de que a comarca ten dignidade para reclamar unha infraestrutura que leva moitos anos abandonada polo goberno galego do PP e que é vital para o desenvolvemento da nosa bisbarra”.

Ademais de veciñanza da comarca, a andaina contou coa presenza do deputado do BNG no Parlamento galego, Oscar Insua; os alcaldes de Corcubión e Zas, Xabier Domínguez e Manuel Muíño; así como a rexedora de Fisterra, Áurea Domínguez. Tamén participaron o responsábel do BNG Costa da Morte, Xurxo Rodríguez, e portavoces e membros do BNG de distintos municipios da Costa da Morte.

Máis novas sobre a Autovía

Comentarios