Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG reclama 15,2 millóns ao Estado en investimentos estratéxicos para a Costa da Morte

Imaxe dunha visita-protesta en 2019 do BNG ao abandonado heliporto de Rubio
O BNG reclama 15,2 millóns ao Estado en investimentos estratéxicos para a Costa da Morte

Presentaba hai 15 días a Xunta os Orzamentos para 2022. Unhas contas das que xa alertabamos que esquecían, polo menos, 10 millóns comprometidos para o Corredor nos pasados cursos, aos que a Xunta non fai referencia.

Tamén presentou esta semana o Goberno Estatal os seus Orzamentos. Dende o BNG comarcal amosan a súa “insatisfacción”, xa que “novamente a comarca sae mal parada, e semella xa tradición”. “A comarca precisa dunha importante inxección económica que reactive aos concellos da zona”, e pon unha cifra: 15,2 millóns de euros, cos que se intente frear o despoboamento. Lembran un dato terrible: “nos últimos 15 anos perdeuse un 10% da poboación”.

Propostas do BNG para o investimentos para presupostos Estado 2022

Estas son as propostas do BNG

  • 1. - O Saneamento integral da ría de Corcubión, para os que resultan necesarios 10 millóns de euros para acometer as accións de saneamento e depuración integral da ría, limpeza dos seus fondos para a mellora a ambiental e recuperacións dos seus bancos marisqueiros. Neste caso a Xunta ten comprometidos 8 millóns.
  • 2. - A construción da Base de loita contra a contaminación mariña. Resulta inconcibible e irresponsable que fronte ao Corredor Marítimo de Fisterra, polo que navegan 45.000 buques perigosos, non se conte cunha base estratéxica. O porto de Brens reúne as condicións axeitadas para albergar esta base, e un investimento de 1 millón de euros sería suficiente para a súa habilitación, equipamento e dotación.
  • 3. - Recuperación das instalacións do heliporto de Ruibo-Cee e do seu servizo de rescate. Dende o BNG reclamamos que o Estado invista os 200 mil euros para facer operativa unha instalación practicamente abandonada sen estrear. Lembren a A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte
  • 4. - Unión dos paseos marítimos entre Cee e Corcubión, que permita unir ambas vilas e mellorar as condicións de mobilidade e seguridade no tránsito de peóns, e mellorar ademais as recollidas de vertidos á ría, e para o que se demanda un investimento de 2 millóns. En outubro de 2019 aseguraban os alcaldes socialistas de Cee e Corcubión que o proxecto ía “adiante”
  • 5.- Actuación integral para a promoción cultural internacional do Cabo Fisterra coma referente e dinamizador turístico da Comarca. Demandamos do Ministerio de Cultura financiamento por valor de 3 millóns de euros co obxecto de recuperar o "Selo de Patrimonio Europeo", incluíndo actividades de ordenación de espazos e usos, xestión do fluxo das 300 mil visitas anuais que recibe, e actividades artísticas e culturais co fin de reforzar o papel do Cabo Fisterra coma lugar xeográfico de referencia mundial.

Novas relacionadas

Comentarios