Brais Doval: “Temos unha relación tóxica coas redes, a vida non é unha competición de felicidade continua”
- Frase que che gusta: Liberdade de expresión non significa obligatoriedade de expresión.
- Comida á que non lle dis que non: Kebab.
- Cantante/ Grupo que non te cansarías de escoitar: La Oreja de Vang Gogh.
- Hobby: Fútbol. Pódese decir dormir e ir de cañas? Gústame moito viaxar, coñecer novos lugares.
- Ana Rey: Como eras de pequeno?
De pequeno era moi introvertido, non era o típico graciosillo. Non me gustaba ser o centro de atención, ao contrario.
- Cómo nace o teu interese polo mundo da televisión?
Todo comezou cando tiña 17 anos, Vine, a plataforma de vídeos estaba en pleno apoxeo. Fixen un Vine de coña cunha historia que me pasara a min e a unha amiga, mandeillo a ela pareceulle gracioso e decidín subilo a Facebook. Tiven moitas visitas (10.000 ou 15.000, non recordo) e decidín facer outro. Este último compartiuno Postureo Español e tivo 1,5 millóns de visitas. Empecei a estar na Radio Galega e chamáronme para a tele. Facía anos fóra a un casting de humoristas para o Land Rober e deime conta de que a min era iso o que me gustaba, comunicar, facer rir á xente. Ademais eu son super fan da Galega, dende sempre vin a Galega. Hai chavales que soñan con estar no Madrid, a min pásame pero coa Galega. Son un friki da Galega.
- Como foi a túa experiencia na radio?
Estiven na Radio 3 anos, comecei colaborando no Galicia por Diante. Un ano despois empecei a estar no programa A tarde tamén como colaborador. Ao ano seguinte empecei no Deítate, programa humorístico, xa formando parte do equipo do programa.
- Que sentiches a primeira vez que pisaches un plató de TV?
Flipei, sentín pánico. O primeiro plató no que estiven foi no de Land Rober, un dos platós máis grandes. Ademais era a primeira vez que vía a Roberto Vilar, Xosé Touriñán... Alucinei, despois foíseme pasando.
- A.R.: Que foi o que máis che chamou a atención do mundo da tele?
Cando empecei chamoume moitísimo a atención o que engaña a tele en canto a dimensións. O ver a tele dende fóra a vela desde dentro, cambia moitísimo.
- A.R.: Se non te adicases ao mundo da televisión a que che gustaría adicarte?
Fixen ADE, acabeino e fixen máster en Marketing e Comunicación. Probablemente a algo relacionado con isto último. Nun futuro sí que me gustaría estudiar Comunicación Audiovisual. Gustaríame seguir no mundo da tele.
- A.R.: Como é Brais no seu día a día?
É complicado definirse a un mesmo. Son tranquilo, gústame estar cos amigos, e tomar a vida con humor. Un rapaz normal.
Aficcións ver películas, ler, quedar cos amigos, xogar ao futbol.
- A.R.: Cales son os teus proxectos ao longo prazo? Gustaríache presentar o teu propio programa?
Sí, gustaríame moitísimo presentar un concurso. Estaría fenomenal. Agora mismo estou concentrado en sobrevivir. Oxalá puidese estar toda a vida nisto, a tele é a miña paixón.
- A.R.: Consideras que hai fronteiras que o humor non debe transpasar?
Ten momentos, lugares e xente. Hai que distinguir humor negro e intelixente do de meterse coas persoas. Non sei se hai límites, é un tema super complicado. Non me considero o suficientemente listo para responder a esta cuestión (risas).
- A.R.: Que destacarías do papel das redes sociais na sociedade actual?
Téñolle moito cariño, dévollo todo. Sendo obxectivo, diría que é o mellor e o peor metido no mesmo saco. Por unha parte é un sitio de ver cousas alegres, un lugar de entretemento pero ao mesmo tempo é un sitio onde insultar é moi gratuito. É un mundo complicado.
Co tema de insultos intento pasar, pero hai veces que sí que tocan a moral. Ao fin e ao cabo somos persoas.
É un lugar onde estamos expostos 24 horas 7 días ao ano…
E si, temos unha relación tóxica que temos coas redes, onde parece haber unha competeción de felicidade continua. Deberíamos normalizar ter un mal día e compartilo. É dicir, non sentirnos mal, abrir o Instagram por exemplo, e sentirnos peor, por non poder subir unha foto alegre cando estás a pasar un mal día.
- A.R.: Como levas a fama?
Pódenme parar unha vez, non é algo que me encante nin que odie. Hai xente que pode estar nun programa pola fama ou polos cartos, eu pola fama non estou (Risas). Non me gustaría ser famoso, de momento é nivel asumible. Sí que me ten pasado con algunha persoa maior que me pare e ás veces solte perlas do estilo: “Ostia, que feo es en persoa, no programa es máis guapo!” Isto compénsase con frases de outras persoas, que te paran e che dan as gracias por facelos rir. A xente é a hostia.
- A.R.: Como o levabas ao principio?
Ao o primeiro chocábame. Fálanche como se foses o seu amigo de toda a vida. Eu pensaba que os coñecía de algo e pensaba en se me sonaba ou non a súa cara, ata que preguntaba e me dicían que me coñecían de Youtube ou da tele. Unha das anécdotas máis surrealistas que recordo, foi que a semana na que lle tirei o vaso de leite a Roberto Vilar, viñeron 3 ou 4 personas sacarse unha foto comigo na sección de lácteos, mentres eu facía a compra, porque lle facía gracia.
- A.R.: Como levas ser o neto de Gayoso?
(Risas) É un bo avó para ter. Agradézolle que o tomara con humor. Foi unha broma mandarlle a foto a Chiringuito de Jugones, se é outra persoa igual lle parece mal, pero a el non. El tan pronto o soubo mandoume un whattsApp e seguiume a broma. Se puidese escoller un avó seria Gayoso. É xenial telo de avó ficticio. Se me quere deixar en herdanza ao Luar, pois ben (Risas). Quero deixar claro que para min o dia que se vaia Gayoso do Luar, tense que deixar de emitir. Non concibo un Luar sen Gayoso.