O cadro do POS+23 para os Concellos da Costa da Morte
07:27 15/02/23
Este ano non houbo sorpresas, nin concellos que quedasen sen premio. Se ben algúns aprobaron en pleno os proxectos a última hora, todos os Concellos fixeron os deberes e mandaron, en tempo, o seu Plan de Obras e Servizos 2023 á Deputación da Coruña.
Un POS que reparte 40 millóns para toda a provincia, dos que 7 deben estar destinados a gastos sociais, e dos que polo de agora, pendentes da partida extraordinaria, quedarán case 10 na Costa da Morte.
A meirande partida será para investimentos e gasto corrente, se ben boa parte dos concellos volven apostar polo asfalto.
Outras novas do POS
- Domingo Guerra: Así é o POS+.
- 2022: Asfalto e gasto corrente, sen consenso: Así gastan o POS os Concellos da Costa da Morte.